Joan Wallach Scott
Joan Wallach Scott ou Joan Scott, nada o 18 de decembro de 1941 en Brooklyn, é unha historiadora estadounidense, cuxo traballo, inicialmente dedicado á historia francesa (movemento obreiro e historia intelectual) foi dirixido na década de 1980 para a historia das mulleres a partir da perspectiva de xénero.[1] En 2018 ocupaba a cadeira Harold F. Linder no Instituto de Estudos Avanzados de Princeton.
Entre súas publicacións máis notábeis está o artigo ""Xénero: unha categoría útil de análise histórica"", publicado en 1986 no American Historical Review. Este artigo, "sen dúbida, un dos artigos máis lidos e citados na historia da revista"[2], foi esencial na formación dun campo de historia de xénero dentro dos estudos históricos angloamericanos.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse na Universidade Brandeis, en 1962. En 1969, obtivo o seu Ph.D. pola Universidade de Wisconsin. Ensinou na Universidade de Illinois en Chicago, na Universidade Northwestern, na Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill, na Universidade de Rutgers e na Universidade Johns Hopkins. Tras ocupar brevemente o cargo de directora de estudos asociados á École des Hautes Études en Sciences Sociales (en 1984), obtivo en 1985 a cadeira Harold F. Linder do Instituto de Estudos Avanzados. En xaneiro de 2006, entrou a formar parte do consello editorial de The Journal of Modern History Arquivado 27 de outubro de 2007 en Wayback Machine..
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ SIQUEIRA, Tatiana Lima. Joan Scott e o papel da história na construção das relações de gênero Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Revista Ártemis, vol. 8, xuño 2008, p. 110-117.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2010. Consultado o 15 de abril de 2019.
- ↑ "http://@www.historians.org/Perspectives/issues/2008/0812/0812new5.cfm". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2010. Consultado o 15 de abril de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns
[editar | editar a fonte]- Joan Scott CVArquivado 20 de outubro de 2020 en Wayback Machine.[1]Arquivado 20 de outubro de 2020 en Wayback Machine.
- MELO, Érica. Feminismo: velhos e novos dilemas uma contribuição de Joan Scott. Cadernos Pagu, Campinas, n. 31, Dec. 2008 . Dispoñíbel en http://www.scielo.br/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0104-83332008000200024&lng=en&nrm=iso. Consultado o 21/03/2013.