Saltar ao contido

Joana Amaral Dias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoana Amaral Dias

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Joana Beatriz Nunes Vicente Amaral Dias Pinto Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Joana Beatriz Nunes Vicente Amaral Dias Editar o valor en Wikidata
13 de maio de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Luanda, Angola Editar o valor en Wikidata
Deputado da Asemblea da República de Portugal
23 de xaneiro de 2003 – 1 de agosto de 2003

Circunscrición electoral: Lisboa

Datos persoais
EducaciónUniversidade de Coímbra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsiquiatra, política Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloco de Esquerda Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiCarlos Amaral Dias Editar o valor en Wikidata

Joana Beatriz Nunes Vicente Amaral Dias, nada en Luanda, o 13 de maio de 1975, é unha psicóloga e política portuguesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla do médico psicanalista e psiquiatra Carlos Amaral Días e da súa primeira dona Teresa Maria de Castro Nunes Vicente, é licenciada en psicoloxía pola Universidade de Coímbra, onde realizou o mestrado en psicoloxía clínica do desenvolvemento. É asistente no Instituto Superior de Psicoloxía Aplicada, en Lisboa.

Participa semanalmente no programa Directo ao Asunto e regularmente no programa de debates Viceversa, ambos os da canle de información RTPN, alén de asinar unha columna no Correo da Mañá e dominicalmente na revista Vidas, pertencente ao mesmo xornal, escribe sobre cinema. É unha das comentaristas permanentes do programa "Banho de Bóla" da Abola TV.

Militante do Bloco de Esquerda foi Deputada na Asemblea da República por esa formación entre 2002 e 2005. En 2006, apoiou a Mário Soares nas eleccións presidenciais portuguesas de 2006 como mandataria nacional da súa candidatura malia seguir formando parte do BE[1] , o que levou a fortes críticas de diversos dirixentes da súa formación.[2] En maio de 2014 Joana Amaral Días deixou o Bloco de Esquerda, e dous días despois participou como oradora nunha convención do Partido Socialista, convidada polo dirixente António Costa. A fins de ano entrou no movemento "Junto Podemos" que abandonou en marzo de 2015 para constituír o grupo político Agir, co que se presenta en coalición co Partido Trabalhista Português e o Movimento Alternativa Socialista ás eleccións lexislativas de outubro de 2015. Nas eleccións municipais de 2017 presentouse á Cámara Municipal de Lisboa por Nós, Cidadãos! e en 2024 encabezou a lista do ADN, partido considerado de extrema dereita[3][4], porén o partido rexeita esa designación[5], ás eleccións europeas de 2024[6].


Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]