Saltar ao contido

Joaquín Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Joaquín Costa Martínez»)
Modelo:BiografíaJoaquín Costa Martínez

Homenaxe a Joaquín Costa no parque de santa Margarida da Coruña.
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1846
Monzón (provincia de Huesca) , Aragón Aragón
Morte8 de febreiro de 1911
Graus (Huesca)
Lugar de sepulturaMausoleum of Joaquín Costa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Vogal da Xunta para Ampliación de Estudos e Investigacións científicas
1907 –
Deputado das Cortes
17 de maio de 1903 – 17 de agosto de 1905
Circunscrición electoral: Zaragoza
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Español
Ideoloxía políticaRexeneracionismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, xurista, economista e historiador
EmpregadorUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Costa (Joaquín), p.94)
Diccionario Akal de Historiadores españoles contemporáneos (2002) (en) Traducir, (sec:Costa y Martínez, Joaquín, p.206–209) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX884952 Dialnet: 102430

Joaquín Costa Martínez, nado en Monzón (provincia de Huesca) o 14 de setembro de 1846 e finado en Graus (Huesca) o 8 de febreiro de 1911, foi un político, xurista, economista e historiador aragonés. Foi o maior representante do movemento intelectual coñecido como Rexeneracionismo. As súas ideas de progreso tiñan como referente a modernización e europeización da sociedade e a economía española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Selo da II República Española coa imaxe de Joaquín Costa.

Naceu dentro dunha familia campesiña modesta polo que tivo que estudar ó tempo que traballaba, estudou dereito e filosofía, exerceu como letrado en Cuenca e en Huesca, accedeu ó corpo de notarios exercendo en Granada e Xaén e posteriormente en Madrid, onde tamén foi profesor da Institución Libre de Enseñanza. En 1904, xa enfermo, retirouse á localidade de Graus para pasar os últimos anos da súa vida.