Saltar ao contido

Joaquín Sobreira Lage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquín Sobreira Lage
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1892 Editar o valor en Wikidata
As Neves, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Cangas, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cangas
1943 – 1949 – Alfredo Méndez Loureiro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, empresario Editar o valor en Wikidata

Joaquín Sobreira Lage, nado nas Neves o 31 de xaneiro de 1892 e finado en Cangas o 20 de xaneiro de 1960, foi un militar, empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de sarxento de carabineiros, estivo catro anos destinado como cabo de infantaría en Larache. Durante a súa estancia enfermou de paludismo. Regresou a Cangas e incorporouse como contable na fábrica de conservas de Daniel Eiroa.

En 1924, dada a escaseza de sardiña, en Isla Cristina organizou unha conserveira da mesma empresa co obxectivo de exportar a México, Arxentina e Cuba. Foi o testamenteiro de Daniel Eiroa, e tras o falecemento deste en 1939 creou a empresa de salazón Sobreira e Rial. Importou de Alemaña o uso da lata litografada.

Foi nomeado xuíz municipal suplente de Cangas en agosto de 1939.[1] Foi nomeado xestor do concello de Cangas en febreiro de 1940[2] e alcalde entre 1943 e 1949.[3]


Predecesor:
Ramón Espiño Arceo
 
Alcalde de Cangas
 
1943 - 1949
Sucesor:
Alfredo Méndez Loureiro

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Josefina Berriz en 1928.[4]

  1. El Correo Gallego, 3-8-1939, p. 4.
  2. El Pueblo Gallego, 7-2-1940, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 3-4-1946, p. 4.
  4. El Pueblo Gallego, 18-3-1928, p. 8.