Joaquín Yarza Ormazábal
Biografía |
---|
Joaquín Yarza Ormazábal, nado en Donostia en 1898 e finado en Vigo en 1972, foi un mariño e industrial naval español. Serviu na Armada, chegando a capitán, e dedicouse á industria naval en Vigo, creando entre outras empresas o estaleiro Construcciones Navales Yarza.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo do innovador do sector industrial naval José Joaquín Yarza Albea, natural de Donostia.[1] Enrolouse na Armada e foi maquinista naval, sendo destinado a varios buques como o Bonifaz, Almirante Cervera ou o Laya.[2][3][4] Xa como capitán, foi profesor na Academia de Maquinistas,[5] e en 1935 entrou na Escola de Maquinistas de Ferrol para especializarse en motores.[6] Durante a guerra civil foi desterrado,[7] e trala fin do conflito, destinado ao cruceiro Galicia.[8]
En 1941 instalouse definitivamente en Vigo, onde se dedicou ao sector industrial naval. Xunto con Luis Iglesias Fernández, industrial e presidente do Celta de Vigo, comercializou a marca de queimadores Yarigle (acrónimo de Yarza e Iglesias), así como outros instrumentos navais.[1] En 1952 creou en Teis o estaleiro Construcciones Navales Yarza, xunto aos seus irmáns Tomás e Román.[1] Joaquín retirouse nos anos 60, cando a empresa familiar se fusionou con Ascón.[9][1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1923 con Carmen Luaces Grandal,[10][11] coa que tivo varios fillos, entre eles o historiador da arte Joaquín Yarza Luaces, que naceu en 1936 en Ferrol.[12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 González Martín, Xerardo (1 de novembro de 2012). "Los Yarza, volcados en mejorar la industria". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Del departamento". El Correo Gallego (en castelán) (18308). 4 de xuño de 1930. p. 2. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Ascenso de un contralmirante". El Pueblo Gallego (en castelán) (2480). 6 de marzo de 1932. p. 14. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Marina. Diario Oficial". El Correo Gallego (en castelán) (18880). 7 de abril de 1932. p. 2. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Notas de Marina del departamento". El Ideal Gallego (en castelán) (3998). 1 de xullo de 1933. p. 4. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Cuerpo de maquinistas". El Correo Gallego (en castelán) (19782). 29 de xuño de 1935. p. 4. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Maquinistas desterrados". El Correo Gallego (en castelán) (20147). 8 de setembro de 1936. p. 2. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Disposiciones de Marina - Destinos de personal". El Correo Gallego (en castelán) (20967). 5 de maio de 1939. p. 4. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ González Martín, Xerardo (10 de marzo de 1977). "El Grupo Pérez se hace con el control de Ascon" (en castelán). Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Ecos locales". El Correo Gallego (en castelán) (16186). 17 de xullo de 1923. p. 1. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Los que se casan". El Ideal Gallego (en castelán) (1940). 9 de decembro de 1923. p. 2. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.
- ↑ "Notas demográficas". El Pueblo Gallego (en castelán) (4056). 21 de agosto de 1936. p. 7. Consultado o 19 de xaneiro de 2022.