Saltar ao contido

Joaquim Roberto Braga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJoaquim Roberto Braga
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata
Saquarema, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xaneiro de 2024 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico Editar o valor en Wikidata

Discogs: 1345894 Editar o valor en Wikidata

José Roberto Braga, nado en Saquarema, Río de Janeiro o 29 de outubro de 1941[1] e finado en São Paulo o 24 de xaneiro de 2024, foi un cantante e compositor brasileiro famoso baixo o nome artístico de Zé Roberto co que lanzou o éxito en listas, clasificado pola prensa especializada como "clássico musical automobilístico" de 1973 Lotus 72D, recuperado recentemente por unha campaña publicitaria de Airbnb. Durante a gravación nos estudios da discográfica RCA no barrio da Urca en Río, un axente musical abordou a José esixindo que o nome de Zé Roberto se gardase para o seu representado. Tras o evento o artista en acordo coa casa de discos decide empregar o alcume de Paulo Braga, mais Paulinho Braga, batería de acompañamento de Elis Regina, popularizouse en paralelo o que forzou ao cantante a mudar o nome artístico unha terceira vez. Joaquim Roberto foi a eleción, na honra do nome do seu pai, co engadido final do apelido Joaquim Roberto Braga, como precaución para un posíbel cuarto conflito.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carioca nado no barrio da Saúde era o máis novo de sete fillos e comezou a cantar dende cedo. O seu pai, o guitarrista Sr Joaquim organizaba show de calouros caseiros onde o novo José Roberto mostraba xa desenvoltura. Na década de 1960, trasladouse a São Paulo para seguir a súa carreira na música en shows ao vivo combinados de soul con música brasileira acumulando seguidores.

Xa asentado en São Paulo, e coaccionado polo pai comeza unha carreira militar na Forza Aérea Brasileira. Tras a introdución militar foille asignada a misión de voar ao Buraco Quente, no Barra da Tijuca en Río. Na localidade atopábase a escola de samba G.R.E.S Estação Primeira de Mangueira e o oficinal encargado de acompañalo foi Antônio Carlos Bernardes Gomes, máis coñecido como Mussum membro da banda Os Originais do Samba. A partir dese momento xurdiu unha amizade, onde o grupo acabou gravando "A Subida do Morro", en 1971, escrito por José Roberto en colaboración co artista Lelê.

Ao ver interpretar a súa primeira canción e captar a atención do público, José Roberto optou por abandonar a vida militar, feito que o fai retornar de Río á cidade de São Paulo, onde volveu a actuar en discotecas.

Cando José asistiu ao evento televisivo de Interlagos, o Gran Premio do Brasil de Fórmula 1 en 1973 inspirouse na vitoria de Emerson Fittipaldi e no mesmo día compuxo "Lotus 72D". O artista estreou a canción no repertorio das súas actuacións celebradas na Churrascaria Barricão, situada preto de Santo Amaro. A canción converteuse nun gran éxito entre os habituais do club e unha noite presentáronse dous directores e un técnico de son da discográfica RCA, polo que xurdiu a proposta de gravar un compacto, que ademais de "Lotus 72D", contou con outra das súas propias composicións, “Você Tão no Alto e Eu Tão Pequeno”.

Para as gravacións o artistas muda o nome artístico a Zé Roberto nome co que queda rexistrado o traballo.

En 1974 gravouse outro compacto, que contén a canción "Crioula Multicolorida", na que, curiosamente, o nome artístico empregado era José Roberto, o mesmo nome rexeitado na primeira gravación. En 1976, agora definitivamente como Paulo Braga, grava o disco "A Hora e a Vez do Samba", facendo fincapé na canción "Barra da Saia". A esta seguiron gravacións con colaboracións de artistas amigos como o pianista Luiz Carlos Vinhas ("Coida co Bode"), Os Originais do Samba ("Jogo Numerado"), Bebeto ("Virada da Maré"); entre outros. Paulo Braga seguiu tocando en discotecas e percorreu países como Arxentina ou Xapón, neste último optou por vivir e permaneceu 24 anos.

Nada máis chegar a Tokio, reservou a actuación nun local de música ao vivo e, a través da publicidade, atraeu a un grupo de músicos locais entusiasmados e apaixonados polo Jazz e a Bossa nova, que ao saber quen ía actuar o artista esa noite fixeron reservas e alí estaban esperando a que comezase o espectáculo. Non tardaron en pedirlle ao encargado da casa que vise ao artista antes de comezar a actuación, alegando que xa se coñeceron en Brasil, e así se fixo. Ao chegar á mesa, produciuse un intenso intercambio de miradas entre os presentes, ata que unha das rapazas decidiu dicir: "Non! Este non é Paulo Braga de Brasil. Non o tomes como unha ofensa, pero o Paulo Braga que sabemos non é negro" en referencia ao batería de Elis Regina.[3]O evento motivou o último cambio de nome artístico ao definitivo Joaquim Roberto Braga.

Nos anos seguintes, Joaquim instalouse en Xapón, onde estableceu a súa carreira entre 1990 e 2014. Con todo, a súa carreira decaeu en 2011, tras o terremoto na rexión de Tohoku, ao que lle seguiu un tsunami e o desastre nuclear na planta de Fukushima “Lá na frente, me aparece o tsunâmi. Nossa, rapaz, fez um estrago. A vida noturna já estava decadente. Eu tinha uma graninha, pensei: ‘Se eu continuar aqui, vou ficar homeless (Sen teito). Se é para ficar homeless, vou para o meu país’”, describiu o compositor, responsable naquela época na emigración de cancións gravadas para nomes como Os Originais do Samba (Tchuna Macurucaiaô) e Só Pra Contrariar (Bebé, bebé)[4]

De volta en Brasil continúa cunha carreira modesta ata que falece na súa cidade, São Paulo, en 2024 por mor dun infarto , aos 83 anos de idade. Foi sepultado no cemiterio da Vila Formosa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]