Saltar ao contido

Johann Elert Bode

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohann Elert Bode

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1747 Editar o valor en Wikidata
Hamburgo, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte23 de novembro de 1826 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohann Georg Büsch Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónastrónomo, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoJohann Friedrich Pfaff (pt) Traducir e Johann Georg von Soldner (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1612718

Johann Elert Bode, nado en Hamburgo o 19 de xaneiro de 1747 e finado en Berlín o 23 de novembro de 1826, foi un astrónomo alemán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A pesar de ser un grande observacionista, a súa carreira viuse inmersa nunha interminable serie de polémicas pola precedencia dos seus descubrimentos. En 1768 publicou o libro Anleitung zur Kenntniß des gestirnten Himmels, na segunda edición, de 1772, nunha nota a pé de páxina incluíu unha lei empírica sobre distancias planetarias formulada por Johann Daniel Titius[1], que hoxe se coñece como Lei de Titius-Bode.

Foi tamén un gran descubridor e catalogador de obxectos do espazo profundo, como nebulosas e cúmulos globulares. Descubriu as galaxias M81 e M82 en 1774 e a M54 ao ano seguinte. A lista dos obxectos atopados por primeira vez por Bode é moi ampla e entre elas atópanse o cúmulo globular M92, a galaxia M64, os cúmulos abertos M48 e IC 4665 e o cometa C1779A1Bode.

Dende 1787 ata 1825 Bode foi o director do Astronomisches Rechen-Institut. En 1794 foi elixido membro estranxeiro da Real Academia Sueca das Ciencias (Kungliga Vetenskapsakademien). En abril de 1789 sería elixido membro da Royal Society.

Bode morreu en Berlín o 23 de novembro de 1826 aos 79 anos de idade.

  1. Johann Elert Bode en The Munich Astro Archive, consultado o 26 de decembro de 2009