Johann Peter Beaulieu
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de outubro de 1725 Brabante Valón, Bélxica |
Morte | 22 de decembro de 1819 (94 anos) Linz, Austria |
Actividade | |
Ocupación | oficial |
Carreira militar | |
Lealdade | Imperio de Habsburgo |
Rama militar | Infantaría |
Rango militar | Xeneral Feldzeugmeister (en) |
Conflito | Guerra dos Sete Anos |
Outro | |
Título | Barón |
Premios | |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Enciclopedia militar Sytin Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Johann Peter Beaulieu de Marconnay, coñecido ás veces como Johann Peter de Beaulieu, ou coa súa forma francesa Jean Pierre de Beaulieu, nado o 26 de outubro de 1725 en Lathuy, Jodoigne, Países Baixos austríacos,[1] (hoxe no Brabante Valón, Bélxica, e finado o 22 de decembro de 1819 en Linz, Alta Austria,[1] foi un xeneral austríaco da época napoleónica.
Combateu co exército do Sacro Imperio Romano Xermánico contra Prusia na Guerra dos Sete Anos, derrotando aos rebeldes do Ducado de Brabante, e foi ascendido a xeneral.
Enfrontouse ao mozo xeneral Napoleón Bonaparte na Campaña de Italia (1796-1797), durante a cal foi o comandante supremo das tropas austríacas na península. Repetidamente derrotado, despois da batalla de Borghetto o emperador Francisco II substituíu a Beaulieu por Dagobert Sigmund von Wurmser. En 1794, converteuse en propietario dun rexemento de Valóns.[1]
O rexemento de infantaría Beaulieu nº 58 serviu no teatro de operacións do Danubio durante a Guerra da Terceira Coalición,[2] e tamén na da Qinta Coalición.[3] Beaulieu retirouse despois da campaña de 1796.
Retirado da vida pública, Beaulieu faleceu en Linz o 22 de decembro de 1819.[1][3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bowden, Scotty & Tarbox, Charlie (1980): Armies on the Danube 1809. Arlington, Texas: Empire Games Press.
- Boycott-Brown, Martin (2001): The Road to Rivoli. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-304-35305-1.
- Chandler, David G. (1998): Le Campagne di Napoleone. Milán: R.C.S. Libri S.p.A. ISBN 88-17-11577-0.
- David Chandler, David (1979): Dictionary of the Napoleonic Wars. Nova York: Macmillan. ISBN 0-02-523670-9.
- Smith, Digby (1998): The Napoleonic Wars Data Book. Londres: Greenhill. ISBN 1-85367-276-9.
- Smith, Digby & Kudrna, Leopold (compiladores): Beaulieu, en napoleon-series.org Austrian Generals of 1792-1815: Beaulieu en Napoleon-Series.org Austrian Generals of 1792-1815.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Smith, Digby & Kudrna, Leopold (compiladores): Beaulieu, en napoleon-series.org Austrian Generals of 1792-1815: Beaulieu en Napoleon-Series.org Austrian Generals of 1792-1815.