Johannes Zwijsen
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1794 Kerkdriel, Países Baixos |
Morte | 16 de outubro de 1877 (83 anos) 's-Hertogenbosch, Países Baixos |
Lugar de sepultura | Orthen Cemetery (en) |
Bispo de 's-Hertogenbosch | |
4 de febreiro de 1868 – ← Henricus den Dubbelden (en) – Adrianus Godschalk → | |
Arcebispo de Utrecht | |
4 de marzo de 1853 – 4 de febreiro de 1868 ← Jan van Bruhesen (en) – Andreas Ignatius Schaepman → Diocese: Arquidiocese de Utrecht (pt) | |
Administrador apostólico | |
4 de marzo de 1853 – | |
Vigairo apostólico | |
13 de outubro de 1851 – | |
Bispo titular | |
14 de xaneiro de 1842 – Diocese: diocese de Gera | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica latina |
Actividade | |
Lugar de traballo | Utrecht (en) |
Ocupación | sacerdote católico (1817–), diácono (1817–) |
Consagración | Cornelis van Wijckerslooth |
Johannes Zwijsen[1], nado o 28 de agosto de 1794 en Kerkdriel e finado o 16 de outubro de 1877 en 's-Hertogenbosch, foi un eclesiástico católico latino neerlandés, arcebispo de Utrecht entre 1853 e 1868 e bispo de 's-Hertogenbosch entre 1868 e 1877.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 28 de agosto de 1794 en Kerkdriel. O 19 de xaneiro de 1817 foi ordenado diácono, e o 20 de decembro do mesmo ano o arcebispo François-Antoine de Méan de Beaurieux ordenouno sacerdote.
O 14 de xaneiro de 1842 foi nomeado vigairo apostólico coadxutor de 's-Hertogenbosch e bispo titular de Geras. O 17 de abril de 1842 foi consagrado bispo por Cornelius Ludovicus de Wijkerslooth, e tivo como co-consagradores a Joannes Paredis e a Johann Theodor Laurent. Sucedeu a Henricus den Dubbelden como vigairo apostólico o 13 de outubro de 1851.
O 4 de marzo de 1853 foi nomeado arcebispo de Utrecht, permanecendo ao mesmo tempo como administrador apostólico de 's-Hertogenbosch.
O 4 de febreiro de 1868 foi nomeado bispo de 's-Hertogenbosch, renunciando ao mesmo tempo como arcebispo de Utrecht. Finou no cargo o 16 de outubro de 1877.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tamén mencionado como Zwysen.