John A. Garcia
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 ![]() Galicia, España ![]() |
Educación | DePaul University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empresario ![]() |
John A. Garcia, nado en Galicia en 1949, é un emprendedor e filántropo estadounidense, fundador da empresa de videoxogos NovaLogic.[1][2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Garcia naceu en Galicia mais marchou coa súa familia sendo neno para os Estados Unidos fuxindo da ditadura de Franco.[3][4][5] Estudou na London Film School e tentou fundar unha industria do cinema nos Emiratos Árabes Unidos. Trasladouse a California e ingresou na compañía Datasoft, da que chegou a ser vicepresidente. En 1985 fundou Novalogic, da que foi presidente ata a súa venda no 2016 a THQ Nordic. Entre os videoxogos que lanzaron están a saga Comanche e as sucesivas entregas de Delta Force.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmán do oncólogo Francisco Garcia-Moreno e pai de dous fillos.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Corporate History - Novalogic.com
- ↑ "Intellivision Lives". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2011. Consultado o 21 de decembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 MobyGames - John A. Garcia
- ↑ "U.S. Air Force extends invitation to NovaLogic; NovaLogic on hand for F-22 Raptor roll-out. - Free Online Library". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 21 de decembro de 2017.
- ↑ "Leaked! Novalogic's Angel falls". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 21 de decembro de 2017.