John Abercrombie
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1780 ![]() Aberdeen, Reino Unido ![]() |
Morte | 14 de novembro de 1844 ![]() Edimburgo, Reino Unido ![]() |
Lugar de sepultura | St Cuthbert's Church, Edinburgh (en) ![]() ![]() |
Rector of Marischal College, Aberdeen (en) ![]() | |
1836 – 1837 ← John Bannerman, Baron Bannerman of Kildonan (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Protestantismo ![]() |
Educación | Universidade de Edimburgo Universidade de Aberdeen Aberdeen Grammar School (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico, cirurxián, patólogo, filósofo, escritor ![]() |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() |
John Abercrombie, nado o 10 de outubro de 1780 en Aberdeen e morto o 14 de novembro de 1844 en Edimburgo, foi un filósofo escocés e o primeiro en tratar a neuropatía como unha entidade separada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Médico e filósofo, era fillo dun reverendo protestante, e foi educado na Universidade de Edimburgo, graduándose como médico en 1803. Despois dunha breve estadía en Londres abre unha consulta en Edimburgo. En 1816 comeza a publicar artigos no Edinburgh Medical and Surgical Journal, que formaran a base das súas obras máis coñecidas: Pathological and Practical Researches on Diseases of the Brain and Spinal Cord, considerado o primeiro manual de neuropatoloxía e Researches on the Diseases of the Intestinal Canal, Liver and other Viscera of the Abdomen, ámbalas dúas publicadas en 1828.
En 1830 publicou Inquiries concerning the Intellectual Powers of Man and the Investigation of Truth seguido en 1833 por The Philosophy of the Moral Feelings, obras filosóficas que pese á súa pouca orixinalidade foron moi populares no seu tempo.