John Banim
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de abril de 1798 ![]() Kilkenny, Irlanda ![]() |
Morte | 30 de agosto de 1842 ![]() Booterstown, Irlanda (en) ![]() ![]() |
Educación | Kilkenny College (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, novelista, escritor, dramaturgo ![]() |
Pseudónimo literario | Abel O'Hara Barnes O’Hara ![]() |
Familia | |
Irmáns | Michael Banim ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() |
John Banim, nado en Kilkenny o 3 de abril de 1798 e finado en Booterstown o 30 de agosto de 1842, foi un escritor irlandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Kilkenny e Dublín. Tras rematar os seus estudos volveu a Kilkenny, onde ensinou debuxo. Namorado dunha das súas alumnas, os pais dela conseguiron que tivese que marchar da cidade, pero a rapariga morreu, o que causou unha fonda impresión en Banim.
En 1820 asentouse en Dublín e alí publicou o seu primeiro libro de poemas, The Celt's Paradise, e mais a traxedia Damon and Pythias (1821). En colaboración co seu irmán Michael escribiu unha serie de contos ilustrativos da vida irlandesa. John Banim marchou a Londres, onde sobreviviu escribindo en revistas.
En 1825 apareceu a primeira serie de Tales of the O'Hara Family, que conseguiu un rápido éxito. Ao ano seguinte apareceu a segunda serie, que incluía a novela The Nowlands. Debido á mala saúde de John a terceira serie foi obra unicamente do seu irmán.
En 1829 trasladouse a Francia por motivos de saúde. En 1835, xa inválido, asentouse preto de Kikenny, onde pasou o resto da súa vida.