John Fowles
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1926 Leigh-on-Sea (Reino Unido) |
Morte | 5 de novembro de 2005 (79 anos) Lyme Regis (Reino Unido) |
Causa da morte | ictus |
Xuíz do Premio Booker | |
Datos persoais | |
Residencia | Belmont, Lyme Regis (en) (1968–) |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Bedford School (en) New College (pt) Alleyn Court Preparatory School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Prosa e poesía |
Ocupación | escritor, guionista, mestre, novelista, ensaísta |
Período de actividade | 1963 - |
Xénero artístico | Posmodernismo |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | fowlesbooks.com |
John Robert Fowles, nado en Leigh-on-Sea, Essex, en 1926 e finado en Dorset o 5 de novembro de 2005, foi un escritor inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo dun mercador de tabaco e dunha mestra. Estudou francés nas universidades de Edimburgo e de Oxford e logo de licenciarse en 1950 ensinou en Francia e Grecia. Neste país comezou a escribir poesía. En 1954 regresou a Inglaterra para ensinar nun instituto de Londres. A súa primeira novela, O coleccionista (The Collector, 1963), converteuse nun éxito internacional que fixo que Fowles deixase o ensino para dedicarse en exclusiva a escribir.
Asentouse en Dorset, contorno que utilizou para A muller do tenente francés (The French Lieutenant's Woman, 1969). No mesmo ano adaptou O Mago (The Magus), baseada nas súas experiencias en Grecia, para o cinema, aínda que sen éxito. Si que o tivo a adaptación d'A muller do tenente francés, en 1981 - neste caso con guión de Harold Pinter e cun nomeamento ao Óscar. O Aristos, unha colectánea de reflexións filosóficas, é a súa obra máis coñecida non de ficción.
John Fowles recorre á ironía para interpolar alusións a teorías científicas e artísticas da época na que se ambienta a narración (Darwin, Marx, os prerrafaelitas), parodiando así determinada tradición narrativa vitoriana. É por isto que algúns críticos considéranno un precursor do posmodernismo.
Obras
[editar | editar a fonte]- (1963) O coleccionista (The Collector)
- (1964) O Aristos (The Aristos )
- (1965) O mago (The Magus )
- (1969) A muller do tenente francés (The French Lieutenant's Woman)
- (1974) A torre de ébano (The Ebony Tower)
- (1977) Daniel Martin
- (1979) A Árbore (The Tree)
- (1982) Mantissa
- (1985) Un verme (A Maggot])
- (1998) Furados de verme - Ensaios e escritos ocasionais (Wormholes - Essays and Occasional Writings)
- (2003) Os diarios (The Journals - Volume 1)