Saltar ao contido

John Napier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Napier

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) John Napier of Merchiston Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1550 Editar o valor en Wikidata
Merchiston Tower, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1617 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt Cuthbert's Church, Edinburgh (en) Traducir (1842–) 55°56′59″N 3°12′20″O / 55.9496, -3.20545
Catedral de Santo Egídio (pt) Traducir (–1842) 55°56′58″N 3°11′27″O / 55.9494, -3.1908 Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa de Escocia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de St Andrews (1563–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónteólogo, físico, inventor, astrónomo, matemático, astrólogo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeElizabeth Stirling (1572–1579), morte do cónxuxe
Agnes Chisholm Editar o valor en Wikidata
FillosJoan Napier
 () Elizabeth Stirling
Anne Napier
 () Agnes Chisholm
Helen Napier
 () Agnes Chisholm
Adam Napier
 () Agnes Chisholm
Jane Napier
 () Agnes Chisholm
William Napier of Ardinmoir
 () Agnes Chisholm
John Napier
 () Agnes Chisholm
Archibald Napier, 1st Lord Napier
 () Elizabeth Stirling
Robert Napier
 () Agnes Chisholm
Elizabeth Napier
 () Agnes Chisholm
Margaret Napier
 () Agnes Chisholm Editar o valor en Wikidata
PaisArchibald Napier Editar o valor en Wikidata  e Janet Bothwell Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Непер Джон)
Dictionary of National Biography
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1696857 WikiTree: Napier-925 Find a Grave: 13489771 Editar o valor en Wikidata

John Napier, barón de Merchiston, nado en Edimburgo en 1550 e finado o 4 de abril de 1617, foi un matemático escocés, recoñecido por descubrir os logaritmos.

Coa redución do traballo de varios meses de cálculo a uns poucos días, o invento dos logaritmos parece ter duplicado a vida dos astrónomos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no castelo de Merchiston en 1550, sen que se saiba a data exacta. Aos trece anos, en 1563, comezou os seus estudos na Universidade de Saint-Andrews, da que saíu anos máis tarde para viaxar por Europa. regresou a Merchiston en 1571 e casou ao ano seguinte, administrando a partir daquela os bens da familia por encomenda do seu pai, ao tempo que continuaba os seus estudos de matemáticas e teoloxía.

Malia pasar á posteridade polas súas achegas no campo da matemática, para Napier era esta unha actividade de distracción, mentres que a súa preocupación fundamental era a exexese da Apocalipse, á que se consagrou desde a súa estadía no colexio. Froito deste labor foi a publicación Descubrimentos de todos os secretos da Apocalipse de San Xoán por dous tratados: un que busca e proba a verdadeira interpretación, e outro que aplica ao texto esta interpretación parafrástica e historicamente. A orixinalidade do seu estudo é a aplicación do formalismo matemático na argumentación, de xeito que, admitindo certos postulados, chega a demostrar as súas proposicións. Entre elas, Napier predixo a fin do mundo para os anos 1668 a 1700. [Cómpre referencia]

En 1614 Napier publica a súa obra Mirifici Logarithmorum Canonis Descriptio, ejusque usus in utroque Trigonometria; ut etiam in omni logistica mathematica, amplissimi, facillimi, et expeditissimi explicatio, na que dá a coñecer os logaritmos que el chamou números artificiais. Nesta obra promete unha explicación que a morte lle impediu publicar, mas que foi engadida polo seu fillo Robert na segunda edición publicada en 1619.

Grazas a estes números as multiplicacións poden substituírse por sumas, as divisións por restas, as potencias por produtos e as raíces por divisións, o que non só simplificou enormemente a realización manual dos cálculos matemáticos, senón que permitiu realizar outros que sen a súa invención non terían sido posíbeis.

En 1617 apareceu a súa obra Rabdologiæ seu numerationis per virgulas libri duo: cum appendice expeditissimo multiplicationis promptuario, quibus accesit et arithmeticæ localis liber unus, na que describe o ábaco neperiano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Diccionario Enciclopédico Hispano-Americano, Montaner i Simon (1893).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.