Saltar ao contido

John Ross

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Ross

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(chr) Kooweskoowe Editar o valor en Wikidata
3 de outubro de 1790 Editar o valor en Wikidata
Turkeytown (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1866 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Distrito de Colúmbia, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRoss Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xefe tribal
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeQuatie Ross Editar o valor en Wikidata
FillosWilliam Allen Ross Editar o valor en Wikidata
ParentesMary G. Ross, bisneta
William Potter Ross, fillo da irmá
Mary Jane (Ross) Ross, sobriña Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
12 de abril de 1861-9 de abril de 1865Guerra civil estadounidense
25 de maio de 1838-1839Cherokee removal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica
Appletons' Cyclopædia of American Biography Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Ross-6907 Find a Grave: 5786493 Editar o valor en Wikidata

John Ross, nado en Turkeytown (Nación Cherokee, na actualidade en Alabama) o 3 de outubro de 1790 e finado en Washington, D.C. o 1 de agosto de 1866, tamén coñecido polo seu nome cherokee, Kooweskoowe ("A garza"), foi un xefe cherokee.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Loitou na guerra de 1812 cos colonos e participou na batalla de Horseshoe Bend contra os Creeks. Formou parte do Consello Nacional Cherokee desde 1817 e foi un dos inspiradores da Constitución Cherokee de 1827.

Intentou opoñerse á expulsión da súa tribo da zona por medios legais pero non o conseguiu.[1][2] O presidente Andrew Jackson obrigouno a abandonar Oklahoma en 1838. Foi un dos organizadores da Nación Cherokee en Oklahoma, onde continuou como presidente, pero non puido evitar as loitas internas.

Durante a Guerra Civil apoiou aos Estados Confederados xunto aos Creeks, pero en 1862 foron derrotados e invadidos polas tropas federais. Ross rendeuse e foi feito prisioneiro, aínda que foi liberado pouco despois. Permaneceu como presidente Cherokee ata a súa morte.

  1. "The Cherokee Leader Who Tried to Prevent the Trail of Tears". HISTORY (en inglés). 2023-11-09. Consultado o 2024-08-24. 
  2. @NatGeoES (2022-10-06). "En 1835, prometeuse aos 'cherokees' un escano no Congreso; aínda continúan a agardar.". National Geographic (en castelán). Consultado o 2024-08-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]