John Roxborough Norman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de setembro de 1898 Putney, Londres |
Morte | 26 de maio de 1944 Tring, Hertfordshire |
País de nacionalidade | británica |
Actividade | |
Campo de traballo | Ictioloxía |
Ocupación | zoólogo. Ictiólogo |
Empregador | Museo Británico, Museo de Historia Natural de Tring |
Obra | |
Obras destacables
| |
Abreviatura do autor en zooloxía | Norman |
John Roxborough Norman, nado o 9 de setembro de 1898 en Putney, Londres, e finado o 26 de maio de 1944 na parroquia de Tring, Hertfordshire,[1] foi un ìctiólogo inglés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Norman comezou a súa vida laboral como empregado nun banco. Durante o servizo militar na primeira guerra mundial contraeu febre reumática, afección que lle duraría toda a súa vida.
Ingresou no Museo Británico en 1921, onde traballou para Charles Tate Regan. De 1939 a 1944 estivo á fronte do Museo de Historia Natural de Tring como conservador de zooloxía.
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]Johh R. Norman foi o autor de, entre outros traballos, A History of Fishes (1931) e A Draft Synopsis of the Orders, Families and Genera of Recent Fishes (1957).
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Norman emprégase para recoñenes a John Roxborough Norman como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Johh Norman Falecidos en Inglaterra e Gales ente 1837 e 2007 (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: John Roxborough Norman |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- John Roxborough Norman. Biografía (en inglés).