Saltar ao contido

Jon Azkargorta Aretxabala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJon Azkargorta Aretxabala
Biografía
Nacemento3 de maio de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Getxo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do País Vasco Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de rugby, profesor universitario, físico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade do País Vasco Editar o valor en Wikidata
Deporterugby a 15 Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1981–2003 Getxo Rugby Taldea

Jon Azkargorta Aretxabala, nado o 3 de maio de 1963 en Algorta (Biscaia), é un ex xogador de rugby vasco,[1] internacional 76 veces coa selección española entre 1982 e 1994.[2] Xogaba nas posicións de centro ou zagueiro.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

"Azkar" xogou sempre no Getxo Rugby Taldea da súa localidade natal. Formou parte do equipo que gañou a única liga no palmarés do club, en 1992/93, e varias Copas do Rei. En 1986 foi un dos compoñentes do primeiro equipo nacional de rugby a sete.[1] É o segundo xogador con máis internacionalidades (76) na historia da selección absoluta, tan só superado por Fran Puertas.[2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Jon Azkargorta é profesor de física na Universidade do País Vasco.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Jon Azkargorta Aretxabala". ESPN scrum. Consultado o 2023-06-03. 
  2. 2,0 2,1 Comité Olímpico Español (COE) Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.: Jon Azkargorta Aretxabala
  3. "Jon Azkargorta Aretxabala :: Inguma - Base de datos de la comunidad científica vasca". www.inguma.eus. Consultado o 2023-06-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]