Saltar ao contido

Jonathan Mejía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJonathan Mejía
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Málaga, España Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña
2008–2009 Lorca Deportiva Club de Fútbol 22(2)
2009–2010 Unión Deportiva Melilla 9(0)
2010–2011   Deportivo Fabril 28(5)
2011–2012   Zamora CF 36(12)
2012–2013   CD Ourense 18(11)
2013–2013 cesión Vitória Sport Clube 3(0)
2013–2013 cesión Vitória de Guimarães B 2(0)
2013–2014 cesión   Real Jaén 39(16)
2013–2015   Granada CF 0(0)
2014–2015 cesión   Cádiz CF 38(21)
2015–   Albacete Balompié
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2014   Honduras 4(0)

Jonathan Mejía Ruiz, coñecido como Jona, nado o 7 de xaneiro de 1989 en Málaga, é un futbolista hondureño-español, internacional coa selección de Honduras. Xoga de dianteiro no Alcoyano, da Primeira División RFEF.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Málaga (Andalucía), Jonathan Mejía comezou a súa carreira no mundo fútbol na barriada de El Palo. A continuación pasou por todas as categorías inferiores do Málaga até chegar ao filial, o Atlético Malagueño. Con tan 19 anos, vaise ás filas do Lorca Deportiva (temporada 2008−2009) onde coincidiu tamén co seu irmán Antonio. O seu debut na Segunda Dvisión B foi o 26 de outubro de 2008, en Madrid, ante o Atlético de Madrid B, con vitoria lorquina 2-3, xogando Jona o últimos quince minutos do partido. O seu primeiro gol, por partida dobre, chegaría o 1 de novembro na décimo primeira xornada de liga, fronte Las Palmas Atlético. Co Lorca, Jona, xogou un total de 26 partidos, dos cales 22 foron en liga e 4 na promoción de ascenso á Segunda División. Xogou o seu último partido co conxunto murciano, o 7 de xuño de 2009, na fase de promoción de ascenso, fronte ao Villarreal B, con derrota por 2-3 fronte ao filial castellonenco, ficando eliminados playoff.

Tras finalizar campaña en terras murcianas, Jona cruza o estreito para asinar pola UD Melilla, tamén de Segunda B. O seu debut co Melilla produciuse o 2 de setembro de 2009, en partido de Copa do Rei ante o Sant Andreu. En liga o seu debut, tivo lugar o 19 de setembro na cuarta xornada de liga, con derrota 1-0 ante o Caravaca. Jona xogou un total de once partidos coa camiseta do Melilla, dos cales nove foron de liga, un de copa e un de promoción. Porén, non conseguiu facer goles. Tras finalizar a temporada asina polo Deportivo da Coruña, que o incorpora ao seu filial, sendo convocado en máis dunha ocasión polo primeiro equipo, co que debutou nun partido amigábel. O seu debut co Fabril tivo lugar o 5 de agosto de 2010, no Anxo ante o conxunto local, o Lugo. Jona comezou o partido de titular e foi substituído aos 58 minutos. O seu primeiro gol co filial deportivista chegou o 12 de decembro de 2010 fronte ao Alcalá de Henarés. Co Deportivo B xogou 28 partidos e anotou 5 goles.

Á tempada seguinte asina co Zamora CF de Segunda B. Debuta o 21 de agosto de 2011 con motivo da primeira xornada de liga fronte á SD Ponferradina. O partido finaliza con derrota para o seu equipo (1−0), xogando Jona 60 minutos de partido. O seu primeiro gol co Zamora chega na terceira xornada de liga ante a Gimnástica de Torrelavega, sendo o resultado final de 1-1. Co Zamora CF, xogou un total de 36 partidos logrando marcar 12 goles, a súa mellor marca até a data.

Contrato profesional

[editar | editar a fonte]

A seguinte temporada, a 2012−13, asina co Ourense, tamén da Segunda B. O seu debut cos ourensáns sería o 29 de agosto de 2012 en partido de Copa do Rei ante o Real Ávila, onde xogou 22 minutos e conseguiu o gol da vitoria do cadro galego no minuto 77 (2-1). Co Ourense, só en 20 partidos da primeira metade da temporada na primeira volta, 18 deles en liga e 2 de copa, conseguiu a cifra de 13 goles. A súa destacábel primeira volta en Galiza, permítelle asinar un contrato profesional co Granada CF da Primeira División, equipo que o cede inmediatamente ao Vitória de Guimarães da Primeira Liga. Alí proclámase campión da Taça de Portugal ante o SL Benfica.

Para a tempada 2013−14 volta ser cedido, esta vez ao Real Jaén da Segunda División. No conxunto andaluz debutou como futbolista profesional en España. Foi o 18 de agosto de 2013, con motivo da primeira xornada, no Estadio de la Victoria de Xaén, entrando de titular e disputando o noventa minutos de partido, na derrota por 1−2 ante a SD Eibar. O seu primeiro gol en Segunda División chegou na seguinte xornada en Soria, onde o seu equipo perdería por 4−2 no Estadio de los Pajaritos ante o Numancia. Tamén ante os numantinos xogaría o seu primeiro partido de Copa do Rei co Real Jaén, conseguindo o gol que clasificou ao seu equipo aos dezaseisavos de final, onde tamén eliminaron ao Deportivo da Coruña, para caer finalmente en oitavos ante o Espanyol.

O 15 de febreiro de 2014 o Real Jaén derrotou por 3-0 ao Las Palmas con dous goles de Jona. É destacábel que na celebración do primeiro gol, Jona amosou unha camisola co lema "Ánimo pequeñines" (do castelán: Moita forza rapaciños) en apoio aos nenos enfermos de cancro. Isto produciu que a Real Federación Española de Fútbol lle impuxese unha sanción de multa de 2.000 . Esta noticia levantou un gran balbordo, sobre todo nas redes sociais onde seareiros, familiares e amigos, amosaban o seu apoio ao xogador. Máis tarde a Federación retiraría dita sanción.[1] Co Real Jaén en xogou un total de 43, partidos, dos cales 39 foron de liga e 4 de copa do Rei, acumulando un total de 3.526 minutos xogados e destapándose como goleador con 17 goles marcados, 16 en Liga e un en Copa. Durante esta estancia en Xaén, Jona foi chamado a xogar coa Selección de fútbol de Honduras, país de orixe do seu pai.

Asentamento en Segunda División

[editar | editar a fonte]

En 2014 comeza a pretemporada co Granada coa intención de ter oportunidade de xogar na Primeira División. Con todo, finalmente é cedido ao Cádiz de Segunda B, rexeitando ofertas de clubs de maior categoría como Real Betis, o Real Valladolid, o Osasuna ou o propio Real Jaén. Jona debuta co Cádiz o 23 de agosto, do 2014, no Estadio Ramón de Carranza, ante o Betis B, entrando de titular e anotando o seu primeiro gol co equipo andaluz. no minuto 21, na vitoria cadista 2-0. O 15 de febreiro de 2015, o Cádiz impúxose por 1-0 ao Real Jaén, entrando de titular e conseguindo o gol da vitoria do conxunto cadista ante o seu ex-equipo e compañeiros. Jona non celebrou o por respecto ao seu antigo club club e pediu perdón á afección xienense desprazada até terras gaditanas. Finalmente remata a temporada con 38 partidos de liga disputados onde anota 21 goles.

Tras finalizar a temporada, o Granada CF fai oficial o seu traspaso ao Albacete na súa páxina web por máis de 400.000 euros.[2] Con todo, anota tan só 5 goles en 29 partidos co equipo manchego. NA seguinte temporada, 2016−17, é cedido ao UCAM Murcia, equipo recentemente ascendido á Segunda División na súa primeira experiencia na categoría. Aínda que o equipo acaba por descender, Jona é durante toda a temporada un dos xogadores máis fundamentais do club, conseguindo 15 goles en 37 partidos. Porén, fallou un penalti decisivo na última xornada que podería ter axudado á salvación do equipo.

No verán de 2017 o Albacete traspasa a Jona ao Córdoba por uns 350.000 euros. Tras unha decepcionante primeira volta, na que consegue 3 goles en 15 partidos, o club decide cedelo ao Cádiz no mercado de inverno.[3] No equipo andaluz non consegue anotar ningún gol nos catorce encontros que disputa. En xullo de 2018 é novamente cedido, esta vez ao Club Deportivo Lugo, equipo que xa tentara a súa fichaxe no pasado.[4]

  1. "Retiran la sanción de 2.000 euros a Jona". El Mundo (en castelán). 21 de febreiro de 2014. 
  2. "Traspaso de Jona al Albacete Balompé". Granada CF. 14 de xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2018. 
  3. "Bajas del Córdoba CF: El delantero Jona, cedido al Cádiz con opción de compra". ABC. 25 de xaneiro de 2018. 
  4. "Jona, ex do Fabril e do Ourense, ficha polo Lugo procedente do Córdoba". CRTVG. 5 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]