Jordan Barrett
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1996 (28 anos) Byron Bay, Australia |
Altura | 188 cm |
Cor dos ollos | Azul-verde |
Actividade | |
Ocupación | modelo |
Representante | IMG Models |
Jordan Kale Barrett, nado en Byron Bay, o 2 de decembro de 1996, é un modelo australiano. É coñecido por ser considerado o modelo do ano 2016 segundo Models.com.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Barrett foi descuberto cando tiña 14 anos[2] por un cazatalentos de IMG Australia. En setembro de 2015, Barrett protagonizou a portada das revistas VMAN e Arena Homme+ SS Magazine, fotografado por Stephen Klein.[3][4] Dende entón, participou en campañas de publicidade para Roberto Cavalli, Moschino, H&M, Calvin Klein, Tom Ford, Versace e Ralph Lauren.[5] Barrett é a imaxe do novo anuncio de televisión da fragrancia 1 Million.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ d.repubblica.it
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2017.
- ↑ "Jordan Barrett Goes Blond, Red + More for Steven Klein VMAN Shoot". thefashionisto.com. Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ "Jordan Barrett by Steven Klein for Arena Homme+ SS 2015 - Fashion Copious". fashioncopious.typepad.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2015. Consultado o 11 de outubro de 2015.
- ↑ models.com