Jordi Tur
Nome orixinal | Jordi Tur Antonio |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de maio de 1998 ![]() Eivisa, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Centrocampista |
Jordi Tur Antonio, nado en Eivisa o 19 de maio de 1998, é un futbolista español, que xoga como centrocampista no Unionistas de Salamanca, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de destacar na canteira do San Rafel da súa illa natal, ingresou aos 15 anos na estrutura do FC Barcelona,[1] militando ata o 2017 no equipo xuvenil da División de Honra. Rematada a súa etapa como xuvenil, fichou polo Cádiz B, da Terceira División, co que logrou o ascenso a Segunda B na tempada 2018/19.[2]
No mercado invernal da tempada 2019/20 foi cedido ao Córdoba, ao que chegou cunha pequena lesión muscular. Tras recuperarse desta non conseguiu facerse cun oco no equipo, marchando ao remate da tempada sen chegar a debutar.[3] De regreso en Cádiz, recuperou protagonismo e acadou os 108 partidos co filial.
Para a tempada 2020/21 fichou polo Numancia, proclamándose campión do seu grupo da Segunda División RFEF, e logrando así o ascenso a Primeira RFEF.[4] Despois de dous anos en Soria, asinou en 2023 polo Unionistas de Salamanca, tamén de Primeira RFEF.[5]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Cádiz B
- Terceira División (1): 2018/19.
- Numancia
- Segunda División RFEF (1): 2020/21.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El jugador del San Rafael Jordi Tur ficha por el FC Barcelona cadete" (en castelán). 28 de marzo de 2014. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ "La Masía por el mundo: Jordi Tur, el sostén del Cádiz CF B" (en castelán). 7 de novembro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ "El Córdoba CF y Jordi Tur, una historia de interés común" (en castelán). 19 de maio de 2020. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ "Jordi Tur renueva con el Numancia hasta 2024" (en castelán). 1 de xuño de 2022. Consultado o 23 de outubro de 2023.
- ↑ Ramajo, Iván (8 de xullo de 2023). "Jordi Tur, nuevo fichaje para la medular del Unionistas" (en castelán). Consultado o 23 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).