Saltar ao contido

Jorge Arbeleche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJorge Arbeleche
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto de Profesores Artigas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, crítico, poeta Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

BNE: XX1194740

Jorge Arbeleche, nado en Montevideo o 23 de outubro de 1943, é un poeta, ensaísta, e profesor de literatura uruguaio. En 1999 recibiu o Premio Nacional de Literatura do Uruguai. É membro de número da Academia Nacional de Letras do Uruguai dende 1996, correspondente da Real Academia Galega dende o 20 de setembro de 2005 [1] e socio fundador da Casa dos Escritores do Uruguai.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no Instituto de Profesores Artigas en 1969 e comezou a dar clases de literatura ata a súa destitución en 1977 durante a ditadura. Restituído en 1985 dá clases de literatura española na súa alma máter[2] e asemade dende 1988 accedo ao corpo de inspectores docentes de secundaria. Parte do seu labor académico nos seus primeiros anos centrouno no estudo e recuperación da obra e imaxe de Juana de Ibarbourou, e a pegada desta poetisa está moi presente no segundo libro de Arbeleche, Los instantes (1970).

En 1993, Arbeleche publicou Ágape, unha antoloxía que, conmemorando 25 anos de actividade poética, restitúe escritos dos oito libros editados ata ese momento.

  • Sangre de la luz (1968)
  • Los instantes (1970)
  • Las vísperas (1974)
  • Los ángeles oscuros (1976)
  • Alta noche (1979)
  • La casa de la piedra negra (1983)
  • El aire sosegado (1989)
  • Ejercicio de amar (1991)
  • Ágape (1993)
  • Alfa y Omega (1996)
  • El bosque de las cosas. Antología 1968-2006. Montevideo: Librería Linardi y Risso - Colección La Hoja Que Piensa No. 11, 2006. 265 pp.
  • Canto y contracanto [antoloxía persoal]. Presentación ("Jorge Arbeleche: síntesis dialéctica") de Rafael Courtoisie. Colofones de Marosa di Giorgio y Martha L. Canfield. Imaxe de carátula Jorge Eduardo Eielson. Lima: Editorial Nido de Cuervos - Colección El Junco Susurrante No. 13, marzo 2012. 143 pp. Contén: Thánatos, Eros, Poiesis, Logos e Cáritas. ISBN 978-612-00-0731-0
  • Parecido a la noche (2013) Ediciones Vitruvio. Madrid.
  • Mito (1968-2014) (2014) Ediciones Vitruvio. Madrid.
  1. Membros correspondentes da RAG
  2. Diccionario de la cultura uruguaya. Linardi y Risso. ISBN 978-9974-675-00-1.