Jorge Campos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 (41/42 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador, arquitecto |
Jorge Campos Sánchez, máis coñecido como Jorge Campos, nado en Ourense en 1982, é un ilustrador,[1] autor de banda deseñada e arquitecto galego.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Arquitectura pola Universidade da Coruña e técnico superior en Ilustración pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
Como ilustrador, o seu traballo céntrase no ámbito do cómic, a ilustración infantil e xuvenil e o deseño. Realizou ilustracións para web e traballou no deseño de logotipos, carteis, camisetas e calendarios. Tamén participou en varias exposicións colectivas e revistas. Como arquitecto, traballou para varios estudios, entre eles o de Pernas Varela Arquitectos, formando parte do equipo gañador do Premio Juana de Vega de Arquitectura no ano 2011.[3]
É socio traballador en 7 H Cooperativa Cultural e colabora de forma habitual en actividades culturais, colectivas e fanzines.[4]
Nas redes sociais é @ilustratecto.
Obras
[editar | editar a fonte]- Alter·nativo (2017). Allariz: Aira Editorial. 50 páxs. ISBN 978-84-947807-1-4. Libro de historieta. Reeditado en 2021, ISBN 978-84-122631-5-2.
- As aventuras de Vani. Montaña (2021). 140 páxs. ISBN 978-84-122491-0-1. Libro de historieta.
- O destino de Kameko (2021). Allariz: Aira Editorial. 104 páxs. ISBN 978-84-123849-1-8. Guionista Albel Alves. Libro de historieta.
Serie Unha mestra en apuros
[editar | editar a fonte]- Unha mestra en apuros. Sálvese quen poida (2019). A Coruña: Bululú. 64 paxs. ISBN 978-84-949549-5-5. Guión de Pilar Serrano. Libro de historieta.
- Una maestra en apuros. Sávese quien pueda (2019). A Coruña: Bululú.
- Les trifulgues de la mestra. Campi qui pugué (2020). A Coruña: Bululú. .
- Unha mestra en apuros. Isto é outro mundo (2020). A Coruña: Bululú. 64 paxs. ISBN 978-84-121848-3-9. Guión de Pilar Serrano. Libro de historieta.
- Una maestra en apuros. Esto es otro mundo (2020). A Coruña: Bululú.
- Les trifulgues de la mestra 2. Això es un altre món (2020). A Coruña: Bululú.
- Unha mestra en apuros 3. Primeiro curso superado (2022). A Coruña: Bululú. 64 paxs. ISBN 978-84-18667-32-9. Guión de Pilar Serrano. Libro de historieta.
- Una maestra en apuros 3. Primer curso superado (2022). A Coruña: Bululú.
- Les trifulgues de la mestra 3. Primer curs assolit (2022). A Coruña: Bululú.
Serie Capitán Lentella
[editar | editar a fonte]- Capitán Lentella. Aventura a todo gas (2022). Vigo: Xerais, Merlín Cómics. 64 páxs. ISBN 978-84-1110-044-1.
- Capitán Lentella. Unha nova chuvia de estrelas (2024). Vigo: Xerais, Merlín Cómics. 64 páxs. ISBN 978-84-1110-551-4.
Ilustrador
[editar | editar a fonte]- Atlas da Galicia pequeniña, de César Cequeliños (2019). Allariz: Aira Editorial. 64 páxs. ISBN 978-84-947807-9-0.
- A vida diaria dos romanos, de Pepe Carballude (2021). Vigo: Xerais. 88 páxs. ISBN 978-84-9121-859-3.
- Un día de festa en... Allariz, de César Cequeliños (2021). Allariz: Aira Editorial. 32 páxs. ISBN 978-84-122631-9-0.
- Historia da Galicia pequeniña, de César Cequeliños (2022). Allariz: Aira Editorial. 64 páxs. ISBN 978-84-124512-9-0.
- Historia visual do RC Celta, de César Cequeliños (2022). Allariz: Aira Editorial. 56 páxs. ISBN 978-84-126649-8-0.
- Animais míticos do Camiño de Santiago, de César Cequeliños (2022). Allariz: Aira Editorial. 40 páxs. ISBN 978-84-125593-1-6.
- As Letras da Galicia pequeniña, de César Cequeliños (2024). Allariz: Aira Editorial. 64 páxs. ISBN 978-84-128581-5-0
Premios
[editar | editar a fonte]- 2015, 2016, 2017: Primeiro premio do Certame de Cómic de Cangas.[5]
- 2016: Primeiro premio no concurso para ilustrar o mural do Museo da Música de Barbadás.[6]
- 2018: Premio ao mellor libro de banda deseñada na Gala do Libro Galego, por Alter-Nativo.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Campos, Jorge". www.tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 2024-07-04.
- ↑ "Capitán Lentella 2. Unha nova chuvia de estrelas - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ Gil, César Lorenzo (2017-12-19). "Jorge Campos". Aira Editorial. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2024. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ "Jorge Campos Sánchez, alias el Ilustratecto – Editorial Bululú" (en castelán). Consultado o 2024-07-04.
- ↑ "Certame de Cómic". Concello de Cangas. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ "Barbadás elixe mural do Museo da Gaita Periódico Barrios". www.periodicobarrios.com. Consultado o 2024-07-04.
- ↑ EditorasGalegas (2018-05-19). "Obras gañadoras dos Premios da III Gala do Libro Galego, 2018". Asociación Galega de EDITORAS. Consultado o 2024-07-04.