Jorge Carlos Fonseca
![]() (2019, Palácio de Bellevue (pt) ![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1950 ![]() Mindelo, Cabo Verde ![]() |
Presidente de Cabo Verde | |
9 de setembro de 2011 – 9 de novembro de 2021 ← Pedro Pires – José Maria Neves → Xunto con: José Maria Neves ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Educación | Universidade de Lisboa ![]() |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, persoal académico, político, escritor ![]() |
Empregador | Universidade de Lisboa ![]() |
Partido político | Movimento para a Democracia (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Lígia Lubrino Dias Fonseca ![]() |
Premios | |
Sitio web | presidencia.cv ![]() |
Jorge Carlos de Almeida Fonseca, nado en Mindelo o 20 de outubro de 1950, é un político, xurista e profesor universitario caboverdiano, que foi presidente da República de Cabo Verde entre 2011 e 2021.
Gañou as eleccións presidenciais de 2011 apoiado polo Movemento para a Democracia (MpD) e foi reelixido nas eleccións presidenciais de 2016, tamén apoiado polo mesmo partido.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi candidato a Presidente da República nas eleccións de 2001, concorrendo contra Pedro Pires, que resultou vencedor. Volveuse presentar como candidato nas eleccións do 7 de agosto de 2011, desta vez apoiado polo MpD, e venceu tanto na primeira volta (co 38% dos votos) como na segunda (co 54,16%), contra o candidato apoiado polo Partido Africano da Independencia de Cabo Verde (PAICV), Manuel Inocêncio Sousa. Converteuse así no cuarto presidente da historia de Cabo Verde dende a independencia e o segundo non pertencente ao PAICV.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía de Jorge Carlos Fonseca". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2019.
- ↑ "Resultados — Eleccións presidenciais de Cabo Verde, 2011". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2019.