Jorge Lamas Bértolo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 ![]() Muradás, España ![]() |
Educación | Universidade de Vigo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo ![]() |
Período de actividade | 1999 ![]() |
![]() ![]() |
Jorge Lamas Bértolo, nado en Beariz en 1970, é un arqueólogo e escritor en lingua galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, campus de Ourense, obtivo o grao de máxima cualificación pola súa tese de licenciatura.
É membro e máximo responsábel da sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Centro de Estudos IES Manuel Chamoso Lamas, na comarca do Carballiño.[2][3]
É autor de diversas publicacións relacionadas coa arqueoloxía e a prehistoria sobre a comarca do Carballiño, e de distintos artigos relacionados coa investigación arqueolóxica en xeral.
Exerce como arqueólogo profesional desde o ano 1999, dirixindo e participando en proxectos por toda Galicia. Froito desta actividade, escavou e puxo en valor xacementos de distintas etapas, estudando mámoas, castros, asentamentos romanos, fortalezas medievais e modernas etc.[4][5]
Acrecenta o traballo de arqueólogo co de divulgador científico, a través de congresos e visitas guiadas sobre o patrimonio cultural.[6]
Obra
[editar | editar a fonte]- Cemiterios esquecidos. O fenómeno tumulario na comarca do Arenteiro. Deputación de Ourense. 2017. ISBN 978-8416643066.
Artigos
[editar | editar a fonte]- García Valdeiras, Manuel (coautor) (2000). "O Fenómeno tumular do Concello de Beariz". Minius. Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía (Universidade de Vigo) (VIII): 47–59. ISSN 1131-5989.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lamas Bértolo, Jorge (2017). Cemiterios esquecidos. O fenómeno tumulario na comarca do Arenteiro. Deputación de Ourense. Sección biográfica. ISBN 978-8416643066.
- ↑ "O arqueólogo Jorge Lamas Bértolo será o mantedor do XXXIV Premio Antón Losada, que se entregará o sábado 22 de xuño en Moldes". Concello do Carballiño. 28 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2019. Consultado o 14 de xullo de 2019.
- ↑ "O arqueólogo Jorge Lamas será o mantenedor no Losada Diéguez". La Región. 4 de xuño de 2019. Consultado o 8 de xaneiro de 2025.
- ↑ Muleiro, M. (5 de setembro de 2018). "El arqueólogo Jorge Lamas limpiará cinco puentes medievales". La Región (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2019.
- ↑ Muleiro, M. (20 de novembro de 2018). "Una excavación destapa restos del antiguo castro de Cameixa". La Región (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2019.
- ↑ del Caño, X. M. (31 de decembro de 2013). "Outeiro demuestra que O Carballiño fue una de las comarcas más pobladas en el neolítico". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 14 de xullo de 2019.