Saltar ao contido

Jorge Larena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJorge Larena

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de setembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,81 m Editar o valor en Wikidata
Peso74 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Número deportivo11 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–2000   UD Las Palmas Atlético
2000–2002   UD Las Palmas 69(8)
2002–2005   Atlético de Madrid 83(4)
2005–2008   Celta de Vigo 78(9)
2008–2011   UD Las Palmas 81(4)
2012–2013 Sociedad Deportiva Huesca 55(1)
2013–2014   Recreativo de Huelva 29(1)
2014–   AEK Larnaca
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2002–2003   España sub-21 13(4)

Jorge Larena-Avellaneda Roig, nado o 29 de setembro de 1981 nas Palmas de Gran Canaria é un futbolista que xoga na demarcación de centrocampista ofensivo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do UD Las Palmas, debutando no primeiro equipo no ano 1999 en Segunda División e facéndose coa titularidade ao ano seguinte, xa na máxima categoría.

De cara á tempada 2002/03 fichou polo Atlético de Madrid, aínda que contou con minutos nunca chegou a asentarse no equipo titular, polo que foi traspasado ao Celta de Vigo no verán de 2005. O equipo vigués clasificouse esa tempada para disputar a Copa da UEFA pero Larena non contou con moito protagonismo.

Co descenso do equipo en 2007 e a venda de moitas das estrelas do equipo a importancia relativa de Larena no equipo aumentou, facendo moi boa tempada aínda que o equipo finalmente non conseguiu ascender. Este fracaso fixo que o Celta se tivera que desfacer dos xogadores con fichas máis altas, entre eles Jorge Larena, así no verán de 2008 fichou polo seu club de orixe, o UD Las Palmas.

No verán de 2011 rescinde o contrato que o unía ao UD quedando sen equipo nese momento, polo que adestraría co UD Vecindario para manter o estado de forma. O 31 de xaneiro de 2012 fichou polo SD Huesca e de aí sería traspasado ao Recreativo de Huelva.