Saltar ao contido

Jorge Tuñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJorge Tuñas
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Negreira
novembro de 2017 – 2019
← Manuel Ángel Leis MíguezManuel Ángel Leis Míguez →
Alcalde de Negreira
2015 – abril de 2017 (dimisión)
← Juan Rey MaceiraManuel Ángel Leis Míguez →
Alcalde de Negreira
2009 – 2011 – José Blanco Pazos → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, comerciante Editar o valor en Wikidata

Jorge Tuñas Caamaño, nado na Coruña en 1971, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na Coruña, trasladouse sendo novo a Negreira, onde despois rexentou un estanco. Foi candidato do PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 2007 e foi elixido concelleiro. Logo da dimisión do alcalde Juan García Fuentes o 7 de setembro de 2009, Tuñas foi elixido alcalde de Negreira[1]. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PSdeG, que foi a lista máis votada, pero sen acadar a maioría absoluta, pasando á oposición. Nas municipais de 2015 a do PSdeG foi de novo a lista máis votada sen acadar a maioría absoluta. A abstención dos dous concelleiros de Ciudadanos, permitiulle a Tuñas ser elixido alcalde[2].

Polémica

[editar | editar a fonte]

En abril de 2017 Tuñas dimitiu logo de que a fiscalía o acusase de apropiarse dun número de teléfonos móbiles propiedade do concello, e substituíuno na alcaldía o seu compañeiro de partido Manuel Ángel Leis Míguez[3]. En xullo de 2017 resultou absolto dos cargos[4] e regresou á alcaldía en novembro.

Nas eleccións municipais de 2019 non se presentou á alcaldía, encabezando a candidatura Manuel Ángel Leis Míguez, que finalmente gañou ese posto para o PSdeG.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Juan García Fuentes
 
Alcalde de Negreira
 
2009 - 2011
Sucesor:
José Blanco Pazos
Predecesor:
Juan Rey Maceira
 
Alcalde de Negreira
 
2015 - 2017
Sucesor:
Manuel Ángel Leis Míguez
Predecesor:
Manuel Ángel Leis Míguez
 
Alcalde de Negreira
 
2017 - 2019
Sucesor:
Manuel Ángel Leis Míguez