José Alguero Penedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1872 ![]() Betanzos, España ![]() |
Morte | 2 de marzo de 1956 ![]() Xixón, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | notario, xornalista, escritor ![]() |
Membro de | |
![]() ![]() |
José Alguero Penedo, nado en Betanzos en 1872 e finado en Xixón o 2 de marzo de 1956[1], foi un avogado, notario, fotógrafo, debuxante e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do capitán do exército Miguel Alguero Nicolau, natural de Ascó. Fixo o bacharelato en Santiago de Compostela e estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela obtendo a licenciatura en 1892. Foi profesor de Xeografía do Colegio Privado de Bentanzos no curso 1897-98.[2] Exerceu como fiscal municipal de Betanzos (1898-99). Aprobou as oposicións e foi nomeado notario de Negreira en 1904,[3] permanecendo nese posto até 1924 cando se trasladou a Betanzos.[4] Participou no faladoiro A Cova Céltica. Foi redactor de ¡Ya Somos Tres!, El Valdoncel e El Mendo e colaborou en Revista Gallega, El Brigantino, El Progreso, El Noroeste, Galicia Moderna, Revista Núñez e Anuario Brigantino. Escribiu apropósitos para o antroido de Betanzos.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi acusado de rebelión militar e xulgado en consello de guerra en maio de 1937 con José Rivas Acea e Manuel Cachaza Carro;[5] foi absolto pero foi desterrado a Xixón, onde volveu exercer como notario. Finou en Xixón o 2 de marzo de 1956.[6]
Fotógrafo afeccionado, consérvanse medio cento das súas imaxes de Negreira,[7] e tamén foi debuxante. Amigo de Emilia Pardo Bazán, de quen foi secretario particular,[8] foi membro correspondente da Real Academia Galega.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Unha rúa de Betanzos leva o seu nome dende 1980.[9]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Negreira con Josefa Caamaño Rodríguez en 1911,[10] e foi pai de Miguel (médico), José (aparellador) e Luis Alguero Caamaño (avogado).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica, La Voz de Galicia, 13 de marzo de 1956.
- ↑ La enseñanza secundaria en Betanzos en el siglo XIX: El Instituto Libre y los Colegios Privados
- ↑ El Diario de Pontevedra, 24-2-1904. p. 2.
- ↑ El Compostelano, 26-3-1924, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 24-5-1937, p. 2.
- ↑ La Voz de Galicia, 3-3-1956, p. 7.
- ↑ Tuñas recupera el archivo fotográfico del notario Alguero
- ↑ Correspondencia José Alguero Penedo (1872-1956)
- ↑ "Betanzos: Sustitución de nombres de calles y nuevas denominacines", La Voz de Galicia, 28-3-1980, p. 36.
- ↑ Diario de Galicia, 10-2-1911, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Torres Regueiro, Xesús (1988). "Os animadores da prensa local (II)" (PDF). Anuario Brigantino 11: 69–70. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 15 de xuño de 2014.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- José Alguero Penedo Arquivado 22 de decembro de 2021 en Wayback Machine.