José Amor Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de setembro de 1921 Ribadeo, España |
Morte | 5 de febreiro de 2018 (96 anos) North Providence, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura Latino-americana (pt) |
Ocupación | profesor universitario, hispanista, escritor, especialista en literatura |
José Amor Vázquez, nado en Ribadeo o 28 de setembro de 1921 e finado en North Providence (Rhode Island) o 5 de febreiro de 2018,[1] foi un hispanista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobriño de Jesús e Juan Vázquez Gayoso. Antes de facer un ano, a familia marchou a Cuba, onde permaneceron ata que José fixo os oito anos. Regresaron a Ribadeo onde viviron cinco anos ata que o seu pai, que era xuíz, foi trasladado á Coruña. José fixo alí os estudos secundarios. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a familia marchou ao exilio. Chegou a Cuba en 1937, e matriculouse na Universidade da Habana doutorándose en Leis, Filosofía e Letras e Ciencias Políticas e Económicas en 1944. En Cuba foi militante antifranquista, pertenceu ao Comité Universitario Pro-República Española e ao Círculo Republicano Español e tivo relación coa Loxa Masónica Washington da Habana. Exerceu como avogado e marchou a Venezuela.
Despois pasou a Estados Unidos onde traballou como profesor de Estudios Hispánicos durante cincuenta anos na Brown University. Foi fundador e director do Centro de Estudios Latinoamericanos, profesor honorario da Asociación Internacional de Valleinclanistas, membro numerario da Academia Norteamericana da Lingua Española e correspondente da Real Academia Española.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Gran Encomenda da Orde de Isabel a Católica.
- Medalla de Honra da Biblioteca John Carter Brown.