José Antonio Dopacio Mesa
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido A Pontenova, España |
Morte | 20 de xullo de 1936 A Pontenova, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
José Antonio Dopacio Mesa, coñecido como Colasito, nado na Pontenova e finado no mesmo concello o 20 de xullo de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado recadador interino do Concello de Vilameá o 24 de xuño de 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité da Fronte Popular de Vilameá e Vilaoudriz, constituído o día 22, xunto con Ángel Pérez Gándaras, Manuel Enríquez Fernández e Jesús Sampedro Vázquez.[2] Foi morto na Pontenova nos enfrontamentos armados contra o exército golpista.