Saltar ao contido

José Antonio Hernán Seijas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Antonio Hernán Seijas
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 2001 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Actividade
OcupaciónFilatélico Editar o valor en Wikidata
Membro de

José Antonio Hernán Seijas, nado en Ferrol o 27 de febreiro de 1937 e finado o 8 de marzo de 2001, foi un filatelista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou enxeñería naval, exerceu a súa profesión en Bazán, supervisor de instalacións radioactivas foi tamén funcionario do Ministerio de Economía e Facenda. Home fondamente relixioso foi membro do Opus Dei[Cómpre referencia] e presidente da Cociña Económica de Ferrol e da Asociación Cultural Valle Inclán. Colaborador de La Voz de Galicia e Diario de Ferrol. Especializado na filatelia temática a súa colección A Áncora levou diversas medallas de ouro en diversas exposicións españolas e internacionais.

Socio da Sociedade Filatélica da Coruña. Foi membro da Academia Hispánica de Filatelia, da comisión Temática da Federación Internacional de Filatelia e do seu corpo de xurados, directivo da FESOFI desde 1980. Director da revista Temas Filatélicos (1990-2001) e colaborador habitual de Crónica Filatélica. Autor de Introducción a la Filatelia Temática, Educación del Coleccionista e La Filatelia Temática: una innovadora forma de coleccionar.