José Antonio Lodeiro Piñeiroa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1868 Mondoñedo, España |
Morte | 22 de decembro de 1934 (66 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | compositor, músico militar |
José Antonio Lodeiro Piñeiroa, nado en Mondoñedo o 16 de marzo de 1868 e finado na Coruña o 22 de decembro de 1934, foi un músico galego, coñecido principalmente por ser o compositor do primeiro himno do Futbol Club Barcelona.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Benito Lodeiro e Filomena Piñeiroa, naceu no barrio dos Muíños de Mondoñedo. Inicialmente foi aprendiz de carpinteiro e recibiu as súas primeiras leccións de solfexo da man de Antonio Ramos na súa vila natal. Axiña pasou a formar parte como educando na banda de música de Heremenegildo Mancebo.[1]
Sendo mozo aínda marchou de Mondoñedo para ingresar no exército, ingresando no Rexemento de Murcia en Lugo, en cuxa banda non tardou en entrar, primeiramente como educando e logo de superar as probas, como músico de segunda, xa nun rexemento desprazado en Cataluña, onde posteriormente conseguiría unha praza como músico de primeira.[1]
Estudou na academia que o coruñés José María Varela Silvari abrira en Madrid, onde se prepara para ascender a director de banda,[2] posto que acadaría por oposición.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "D. José Lodeiro Piñeiroa, en su última voluntad, pone de manifiesto el acendrado amor a su pueblo natal". Villabria (en castelán) (255). 6 de xaneiro de 1935. Consultado o 25 de outubro de 2022.
- ↑ de Cora, José (4 de abril de 2019). "José Antonio Lodeiro Piñeiroa". El Progreso (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2022.