José Antonio Lorenzo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX valor descoñecido |
Alcalde de Mondariz-Balneario | |
1983 – 2023 ← Julián Troncoso – César Gil Bernárdez → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Mondariz-Balneario |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
José Antonio Lorenzo Rodríguez é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Representante de comercio. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura da Coalición Popular á alcaldía de Mondariz-Balneario e foi elixido alcalde con maioría absoluta. En 1987 encabezou a formación Independientes de Galicia e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. En 1991 encabezou a formación Independentes de Mondariz-Balneario e revalidaría a alcaldía novamente con maioría absoluta. Tralas municipais de 1995 pasou a formar parte do PPdeG e revalidou a alcaldía con maioría absoluta. Continuou como alcalde con maioría absoluta á fronte do PPdeG ata 2023, cando renunciou a presentarse á reelección e foi substituído á fronte da alcaldía polo nacionalista César Gil Bernárdez.
Predecesor: Julián Troncoso |
Alcalde de Mondariz-Balneario 1983 - 2023 |
Sucesor: César Gil Bernárdez |