Saltar ao contido

José Antonio Quiroga Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Antonio Quiroga Díaz
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
O Saviñao, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

José Antonio Quiroga Díaz, nado no Saviñao en 1960, é un profesor e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia. Foi profesor no IES Lama das Quendas de Chantada (1988-1998), director de EETT Terras do Saviñao (1993-1996), profesor e director do Colexio Dr. López Suárez (2000-2004), e despois director provincial SPEE-INEM da provincia de Lugo (2004-2011) e do Ecomuseo de Arxeriz.

Foi concelleiro no Saviñao (1995-2015) polo PSdeG-PSOE, sendo o cabeza de lista da formación nese período. Posteriormente foi deputado no Parlamento de Galicia pola provincia de Lugo (2016-2018), así como Secretario de Organización do PSdeG (2017-2021). Dende 2018 é presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]