José Antonio Ucha
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Antonio Ucha Velo 24 de decembro de 1968 (56 anos) Santa Comba, España |
Alcalde de Santa Comba | |
2015 – 2016 (moción de censura) ← María Pose – María Pose → | |
Alcalde de Santa Comba | |
2007 – 2008 (moción de censura) | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia Espazo Común |
José Antonio Ucha Velo, nado en Santa Comba o 24 de decembro de 1968, é un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Empresariais pola UDC e en Dereito pola USC. Nas eleccións municipais de 2003 foi o número 2 da candidatura socialista en Santa Comba e foi elixido concelleiro e portavoz municipal. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Santa Comba e foi elixido alcalde grazas ao apoio dos concelleiros de IxS (Independientes por Santa Comba) e TEXA (Terra de Xallas). Foi substituído o 25 de febreiro de 2008 por Miguel Pérez Fernández (Independientes por Santa Comba) tras unha moción de censura que contou co apoio do PPdeG. Nas municipais de 2011 encabezou de novo a candidatura socialista e pasou de 2 a 5 concelleiros, sendo a segunda forza máis votada e logrando o mellor resultado ata entón dos socialistas nunhas municipais na localidade, mais o PPdeG mantivo a alcaldía ao contar co apoio dos Independentes do ata entón alcalde. Nas municipais de 2015 volveu encabezar a candidatura do PSdeG e logrou a primeira vitoria desta formación no concello, logrando a alcaldía como cabeza da lista maioritaria e conformando un goberno cos concelleiros de TEGA[1]. Trala ruptura do pacto en novembro de 2015, en maio de 2016 TEGA apoiou ao Partido Popular nunha moción de censura que o botou da alcaldía [2].
Nas municipais de 2019 logrou un empate a 6 concelleiros co PPdeG, logrando estes máis votos pese a mellorar os socialistas o seu nivel de apoio. O edil de Compromiso por Galicia, David Barbeira, foi o árbitro da situación e negárase en campaña a pactar con ninguén, pero os socialistas chegaron a un acordo investilo alcalde e rotarse 2 anos na alcaldía[3]. Porén, e pese a formar parte do mesmo goberno, as malas relacións entre Barbeira e Ucha levaron á negativa do primeiro de cederlle a alcaldía ó segundo en xuño de 2021. Ante isto, Ucha e outra concelleira socialista optaron por apoiar unha moción de censura que levou á alcaldía á candidata do PPdeG María Pose[4]. A manobra, foi desautorizada polo partido e ambos dous concelleiros foron expulsados da formación. Desta forma, Ucha optou por presentarse ás municipais de 2023 encabezando a formación Espazo Común[5], á fronte da cal non logrou representación.
Predecesor: José Toja Parajó |
Alcalde de Santa Comba 2007 - 2008 |
Sucesor: Miguel Pérez Fernández |
Predecesor: María Josefa Pose Rodríguez |
Alcalde de Santa Comba 2015 - 2016 |
Sucesor: María Josefa Pose Rodríguez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Antonio Ucha:"Imos a facer as cousas ben"
- ↑ A popular María José Pose é a nova alcaldesa de Santa Comba
- ↑ Compromiso por Galicia logra la alcaldía de Santa Comba con un solo concejal
- ↑ El PP de Santa Comba encabeza una moción de censura promovida por el PSOE
- ↑ El exedil del PSOE en Santa Comba, José Antonio Ucha Velo, será candidato por Espazo Común