José Antonio Vilariño Bruzos
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de xaneiro de 1952 A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de outubro de 2020 (68 anos) A Coruña, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
José Antonio Vilariño Bruzos, nado na Coruña o 16 de xaneiro de 1952 e finado na mesma cidade o 27 de outubro de 2020[1], foi un futbolista galego, coñecido como Piño. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista no Club Unión Sportiva e aos 16 anos fichouno o Deportivo da Coruña. Xogou catro tempadas no filial branquiazul, xogando 105 partidos oficiais, a maioría en Terceira División, e marcando 26 goles, ao mesmo tempo que traballaba como mandadeiro do Deportivo.[2]
Na tempada 1972/73 deu o salto ao primeiro equipo, adestrado por Arsenio Iglesias, debutando en Primeira División o 6 de maio de 1973 fronte ao Sporting de Gijón no Molinón. Xogou catro tempadas máis no club coruñés, unha delas en Segunda División B, ata que en agosto de 1977 foi traspasado ao Salamanca.[3] Co equipo salmantino só xogou un partido e en abril de 1979 fichou polo Real Valladolid.[4]
Tras a súa retirada foi moi activo na asociación de veteranos do Deportivo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece el exjugador del Deportivo José Antonio Vilariño Bruzos «Piño»". La Voz de Galicia. 27 de outubro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Piño, xogador de Fabril e Deportivo e ex traballador do Club, faleceu aos 68 anos". Real Club Deportivo da Coruña. 27 de outubro de 2020. Consultado o 31 de outubro de 2020.
- ↑ "Piño ya es del Salamanca". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 26 de agosto de 1977. p. 35.
- ↑ "Piño fichó por el Valladolid". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 6 de abril de 1979. p. 42.