José Bargueiras
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1879 Riotorto, España |
Morte | século XX Cuba |
Actividade | |
Ocupación | empresario, xornalista |
José Bargueiras Barreiro, nado en Riotorto cara a 1879 e finado en Cuba, foi un industrial e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Bargueiras Fernández. Foi segador en Castela. Emigrou a Cuba con 22 anos. Montou un taller de ferreiría na Habana. En 1912 fundou La Patria Gallega, do que foi director.[1] Foi presidente da sociedade Emigrados de Riotorto de 1917 a 1921, apoderado do Centro Gallego de La Habana e presidente desta entidade en 1926.[2]. En 1952 presidiu a asemblea de compromisarios do Centro Galego da Habana.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La prensa de A Mariña en la emigración
- ↑ El Correo Gallego, 4-3-1926, p. 4.
- ↑ El Progreso, 18-5-1952, p. 5.