José Becerra Armesto
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 16 de febreiro de 1916 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político, escritor, autor ![]() |
Familia | |
Irmáns | Manuel Becerra Armesto Joaquín Becerra Armesto ![]() |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal ![]() |
![]() ![]() |
José Becerra Armesto, nado en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 16 de febreiro de 1916, foi un xornalista, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Gonzalo Becerra Llamas e Carmen Armesto, irmán de Manuel e Joaquín Becerra Armesto. Foi redactor en Madrid de La Nación (1864-1866) e La Prensa (1880). Trasladado a Pontevedra, colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Revista de Galicia e foi redactor de La Izquierda Dinástica (1893). En 1901 dirixiu La Discusión. Encadrado no Partido Liberal e seguidor de Montero Ríos, foi xefe da sección de Belas Artes do Ministerio de Fomento e gobernador civil de Ourense e Córdoba (1898). Publicou "El verano en Galicia", na Revista de España (1875); Una excursión a Extremadura (1879) e Las torres de Altamira. Leyenda compostelana, como folletín de El Correo Gallego, dende o 11 de abril de 1885.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Becerra Armesto ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Becerra Armesto, José". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.