José Benito Otero Baena
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xuño de 1925 Bueu, España |
Morte | 6 de febreiro de 2017 (91 anos) Pontevedra, España |
Alcalde de Bueu | |
6 de febreiro de 1971 – 1979 ← José María Massó García | |
Actividade | |
Ocupación | político, banqueiro, pintor |
Empregador | Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra |
José Benito Otero Baena, nado en Bueu o 27 de xuño de 1925 e finado en Pontevedra o 6 de febreiro de 2017, foi un pintor, banqueiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Afeccionado á pintura, en 1952 obtivo unha bolsa do Goberno Civil de Pontevedra para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. Foi director da sucursal de Caixa de Pontevedra en Bueu. Foi nomeado concelleiro en representación do terzo corporativo ou de entidades e tomou posesión o 2 de febreiro de 1964. Foi nomeado alcalde de Bueu en 1971 e tomou posesión o 6 de febreiro. Cesou no cargo en 1979.
Predecesor: José María Massó García |
Alcalde de Bueu 1971 - 1979 |
Sucesor: Xosé Novas Piñeiro |
Homenaxe póstuma
[editar | editar a fonte]No ano 2022 a súa familia e o Concello de Bueu anunciaron a súa vontade de convocar o Certame de pintura Otero Baena para artistas noveis, que tivo a súa primeira edición no ano 2023 e que ten carácter bienal.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García, David (2023-06-09). "El artista portugués António Bahia gana el I Certame de Pintura Otero Baena de Bueu". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- García, David (8/2/2017) "Bueu despide a "Pepé" Baena, su alcalde artista" Faro de Vigo (en castelán).