José Bernabé Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1901 ![]() Murcia, España ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() valor descoñecido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
![]() |
José Bernabé Martínez, nado en Murcia o 31 de maio de 1901,[1] foi un mestre e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre de Cervo dende 1934. Militante do PCE. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité de resistencia cedeirense, e ao poñerse enfermo o alcalde Manuel Fernández Freijeiro, tomou a dirección do concello, e co tenente alcalde José Vergara López proclamaron nun bando a declaración de Estado de Guerra.[2] Posiblemente fuxiu por mar. Foi xulgado en Ferrol por rebelión na causa 296/1936 xunto con José Lago Beceiro e Francisco Rodríguez,[3] e declarado en rebeldía. Pasou ao bando leal e combatiu no exército republicano, sendo nomeado comisario-delegado de batallón en decembro de 1937.[4] Foi ascendido a teniente en febreiro de 1938,[5] e a capitán en xaneiro de 1939.[6] Como consecuencia do expediente de depuración no maxisterio, foi separado do servizo e baixa na escala en 1940.[7] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Magisterio Español, 21-10-1933, p. 9.
- ↑ ¡Jamás volvais a Cedeira!
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-9-1936, p. 8.
- ↑ Gaceta de la República, 15-12-1937, p. 1196.
- ↑ Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 1-2-1938, p. 310.
- ↑ Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 15-1-1939, p. 277-279.
- ↑ El Compostelano, 9-7-1940, p. 2.
- ↑ BOE, 3-4-1941, p. 1304-1305.