José Boente Sequeiros
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1860 A Esfarrapada, España |
Morte | 18 de xaneiro de 1944 (83 anos) Pontevedra, España |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
1901 – 1903 ← Gumersindo Otero García – José María Vidal González → | |
Gobernador civil da provincia da Coruña | |
Gobernador civil da provincia de Sevilla | |
Gobernador civil da provincia de Zaragoza | |
Gobernador civil das Palmas | |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Fillos | César Boente |
José Boente Sequeiros, nado na Esfarrapada (Salceda de Caselas) o 2 de setembro de 1860 e finado en Pontevedra o 18 de xaneiro de 1944,[1] foi un xornalista, avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Santiago Boente Leiras, mestre natural do Porriño. Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra e colaborou en El Estudiante. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1881-1885). Instalou bufete de avogado en Pontevedra, e chegou a ser Decano do Colexio de Avogados con Manuel Portela Valladares como tesoureiro. Como empresario creou unha sociedade para a fabricación de fariñas e pan, e foi accionista da Sociedad Naviera del Noroeste en Marín. Foi tamén redactor xefe do Diario de Pontevedra.
Vinculado ao Partido Liberal e dirixente dos partidarios de Montero Ríos sendo un dos apoios de Eduardo Vincenti, foi deputado provincial (1898-1930) e o 24 de abril de 1901 foi elixido presidente da Deputación de Pontevedra. Formou parte da comisión redactora do apéndice de dereito foral galego para o Código Civil. En 1907 promoveu o periódico El Progreso e colaborou no Diario de Pontevedra. Foi gobernador civil de Cáceres (1905), Pontevedra (1905-1907 e 1909-1911), Zaragoza (1911), A Coruña (1916), Sevilla (1918), e As Palmas (1919). Foi deputado provincial polo Colexio de Avogados en 1930.
En agosto de 1940 renunciou ao cargo de maxistrado suplente.
Casado con Carmen Álvarez, foi pai do enxeñeiro César Boente Álvarez,[2] do xornalista e escritor José Boente Álvarez e de Joaquín Boente (finado en 1887). O seu irmán Plácido Boente Sequeiros estivo emigrado na Arxentina.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Boente Sequeiros- Aquel muchacho de Esfarrapada, Salceda de Caselas, que gobernó siete provincias
- ↑ El Progreso, 24-8-1920, p. 3.
- ↑ Pereira Bernárdez, J. R. (2008). "Cambio e continuidade migratoria: de Salceda de Caselas a América (1861-1920)", Estudos Migratorios, Vol. I, núm. 2. p. 103-129.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Boente Sequeiros |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. 2010-2011. p. 125.
- Bará, M.: "El asesinato de César Boente", Diario de Pontevedra, 6 de agosto de 2017 (en castelán).
Predecesor: Gumersindo Otero García |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1901 - 1903 |
Sucesor: José María Vidal González |
- Presidentes da Deputación de Pontevedra
- Gobernadores civís de Cáceres
- Gobernadores civís de Pontevedra
- Gobernadores civís de Zaragoza
- Gobernadores civís da Coruña
- Gobernadores civís de Sevilla
- Gobernadores civís das Palmas
- Nados en Salceda de Caselas
- Nados en 1860
- Finados en 1944
- Avogados de Salceda de Caselas
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela