Saltar ao contido

José Bugarín González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Bugarín González
Biografía

José Bugarín González, nado no Porriño e finado en Buenos Aires en 1959, foi un empresario e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Emigrou a Arxentina onde foi propietario dun taller téxtil xunto cos seus irmáns. Afiliado ao Partido Socialista Argentino. Fundou a Sociedad Fomento de Porriño y su distrito coa que se integrou na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales. Nos anos trinta integróuse na Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, da que foi tesoureiro. Participou no congreso constituínte da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina como delegado da sociedad do Porriño. Foi tesoureiro da Central Gallega de Ayuda al Frente Popular (1937-1939). Dende 1939 pertenceu á directiva da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina, da que foi tesoureiro. Secundou a Antonio Alonso Pérez e participou con el na Xunta Executiva en 1945, 1947 e 1949.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Díaz, Hernán M. (2007). Historia de la Federación de Sociedades Gallegas. Buenos Aires: Fundación Sotelo Blanco-Biblos. p. 219. ISBN 978-950-786-574-9.