Saltar ao contido

José Cabaneiro Anllo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Cabaneiro Anllo
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1896 Editar o valor en Wikidata
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte1958 Editar o valor en Wikidata (61/62 anos)
Cuba Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfrade Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Capuchinos Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1754053

José Cabaneiro Anllo, frai Aniceto de Mondoñedo, nado en Mondoñedo o 17 de xaneiro de 1896 e finado en Cuba en 1958, foi un relixioso capuchino e destacado orador galego

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Cabaneiro Díaz, que finou antes do seu nacemento, e de Evarista Anllo Sordo. Aos once anos escoitou a predicación de dous frades capuchinos e fíxose capuchino, ordenándose en 1920. Estudou en Roma onde obtivo o doutoramento en Filosofía con especialización en Ciencias Exactas. Impartiu clase no País Vasco e Santander. Creou un observatorio astronómico en Santander. Destacado orador, nunha das súas intervencións máis coñecidas, en Salamanca durante a conmemoración do VII centenario de San Francisco en 1927, disertando sobre a pobreza franciscana, comparou os capítulos de Asís coas xuntas da UGT.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, marchou a Francia como delegado do Comité Pro Axuda aos Exiliados, desde o que facilitou os trámites administrativos dos que fuxían a América. El mesmo marchou a Cuba en 1939. Residiu en Bayamo, onde construíu a igrexa de Julia. Trasladado á Habana, dedícouse a edificar templos, como o de Marianao e os dous da Habana, o Salvador e o Xesús de Miramar ou basílica de Cristo Rey, iniciada en 1948 e inaugurada o 28 de maio de 1953. En 1955 foi designado Custodio de Cuba (superior da Orde Capuchina en Cuba).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pedreira, Ricardo (2005). Anacos da vida e obra de dous ilustres mindonienses. Mondoñedo: Asociación de Amigos de la Ciudad de Mondoñedo. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]