José Carballeira Fraga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1865 Vilalba, España |
Morte | 21 de febreiro de 1953 (87/88 anos) Vilalba, España |
Alcalde de Vilalba | |
1931 – 1931 ← Manuel Fraga Bello – Jesús Ramil Cillero → | |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político |
José Carballeira Fraga, nado en Vilalba cara a 1865 e finado no mesmo concello o 21 de febreiro de 1953, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comerciante, foi presidente da Unión Comercial Villalbesa. O 12 de marzo de 1930 foi elixido presidente do Comité Republicano de Vilalba adherido á ORGA. Foi o primeiro alcalde da Segunda República de Vilalba presidindo a Comisión Xestora. Afiliado a Izquierda Republicana, foi elixido presidente da Agrupación de Vilalba constituída o 26 de xuño de 1934.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado e sancionado por responsabilidades civís ou políticas. Finou en Vilalba o 21 de febreiro de 1953.[2]
Predecesor: Manuel Fraga Bello |
Alcalde de Vilalba 1931 |
Sucesor: Jesús Ramil Cillero |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Josefa Goldeiros García, e foi pai de Rosendo, Carmen, José, María, Remedios, Irene, Manuel e Josefa Carballeira Goldeiros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Izquierda Republicana. Galicia
- ↑ El Progreso, 22-2-1953, p. 3.