José Cordal Yáñez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1896 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 1 de setembro de 1936 ![]() Santo Estevo de Budiño, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
![]() |
José Cordal Yáñez, nado en Santiago de Compostela en 1896 e finado en Salceda de Caselas o 1 de setembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño do Porriño dende os anos vinte, onde traballaba como condutor dunha camioneta da empresa Avícola Gallega. Foi elixido concelleiro nas eleccións do 12 de febreiro de 1931 polas minorías, tomando posesión en setembro.[1] Co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi reposto como concelleiro.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado o 1 de setembro con Ramón Pérez Cabaleiro e Severo Boente. O seu cadáver apareceu na parroquia de Budiño.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou no Porriño con Marcelina Mouriño Rodríguez en 1926,[3] e foi pai de José Cordal Mouriño.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. pp. 140–141. ISBN 978-84-8341-157-5.