José Creo Liste
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1884 ![]() |
Morte | 2 de xuño de 1920 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista ![]() |
José Creo Liste, nado en 1884 e finado na Coruña o 2 de xuño de 1920, foi un carpinteiro e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carpinteiro de oficio, militante anarcosindicalista. Foi un dos fundadores da Sociedad de Camareros Marítimos La Cosmopolita (1905) e participou no grupo editor do periódico La Acción (1908). Foi directivo do Centro de Estudios Sociales Germinal. Foi desterrado a Arzúa en 1910; despois marchou a Cuba, retornando en 1911. Foi secretario da Sociedade de Camareros e presidente da Sociedade de Camareros Marítimos (1913), presidente da Sociedad de profesiones varias (1914) e secretario da Sociedad de carpinteiros (1916). Foi desterrado a Baltanás polo paro xeral de 1919 en solidariedade coa folga de La Canadiense. Colaborou en La Voz del Obrero. Finou na Coruña o 2 de xuño de 1920.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Teresa Guilabert Bargueiras en 1913.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Riña sangrienta" en El Compostelano, 4-6-1920, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. pp. 83–84. ISBN 84-87783-79-1.