José David Pita
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1982 ![]() Ferrol, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
José David Pita Breijo, nado en Ferrol en 1982, é un político galego do PSdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en administración e dirección de empresas pola Universidade da Coruña en 2006. Traballou como secretario da confraría de pescadores de Barallobre (Fene) dende 2013. Militantes socialista e responsable de políticas municipais na executiva local, á morte do candidato socialista á alcaldía naronesa, Octavio Dopico, a pouco das eleccións municipais de 2019 a executiva galega do partido elixiuno para encabezar a lista do PSdeG-PSOE ao concello.[1] Nas eleccións a candidatura que lideraba logrou tres concelleiros, aumentando un o número de edís, e chegou a un acordo con TEGA para a formación dun goberno bipartito[2] e Pita converteuse en segundo tenente de alcalde [3] e concelleiro de promoción económica.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El PSdeG aprueba de urgencia una lista para Narón encabezada por David Pita". La Voz de Galicia. 16 de abril de 2019.
- ↑ "TEGA y PSOE alcanzan un principio de acuerdo para un gobierno bipartito en Narón". La Voz de Galicia. 25 de xuño de 2019.
- ↑ "Información institucional". Concello de Narón.
- ↑ "Vídeo-receitas, un concurso e un foro sobre produción marisqueira protagonizan o proxecto “Narón, produtos da ría”". Socialistas Narón. 18 de novembro de 2020.