José Duarte Díaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 |
Morte | 26 de xaneiro de 2010 (69/70 anos) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
José Duarte Díaz, coñecido como Nenó, nado en 1940 e finado en Ribadeo o 26 de xaneiro de 2010, foi un político e persoeiro popular en Ribadeo.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Dende a súa entrada en política como membro de Alianza Popular, ocupou diversos cargos a nivel municipal. Na corporación elixida en 1983 participou no goberno municipal de José Ramón Cociña García detentando a delegación de Incendios, alumeado e persoal. Na corporación elixida en 1995, baixo a alcaldía de José Carlos Rodríguez Andina, ocupou os cargos de Concelleiro Delegado de Tráfico e Seguridade Cidadá, así como Vocal da Comisión de Goberno e segundo Tenente de Alcalde, tralo falecemento de José Ramón Cociña, compañeiro naquel momento en Coalición Galega. Entre 1999 e 2003 forma parte do Grupo Popular no equipo de goberno, continuando coa mesma delegación e sendo nomeado Cuarto Tenente de Alcalde e membro da Xunta de Goberno Local.
No período 2003 - 2007 o seu grupo pasa á oposición, formando parte da vocalía de Comisións Informativas baixo o mandato de Balbino Pérez Vacas. Tralas eleccións municipais de 2007 continuou a formar parte da oposición baixo a presidencia de Fernando Suárez Barcia, participando en diversas Comisións Informativas e realizando actuacións como portavoz suplente do grupo popular.
Visión humana
[editar | editar a fonte]A popularidade de Nenó, como era coñecido popularmente, vén da recoñecida rectitude, nobreza e honradez, estimada tanto por compañeiros como por adversarios.
Outros apuntamentos biográficos
[editar | editar a fonte]Con anterioridade tíñase adicado á hostalería, rexendo o 'Bar Galicia' en Ribadeo.