Saltar ao contido

José Escobar Magdalena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Escobar Magdalena
Biografía
Nacementoc. 1886 Editar o valor en Wikidata
Abrairas, España Editar o valor en Wikidata
Morte1960 Editar o valor en Wikidata (73/74 anos)
Baleira, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4893

José Escobar Magdalena, nado en Abrairas (Baleira) cara a 1886 e finado no mesmo concello en 1960, foi un médico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do médico e alcalde de Baleira Salvador Escobar Carral.[1] Licenciouse en Medicina en 1909.[2] Foi médico municipal en Baleira. Concedéronlle a Cruz de 1ª clase de Beneficencia polos servizos prestados durante a gripe de 1918.[3]

Amigo e representante de Manuel Portela Valladares en Baleira. Na época da Segunda República, militou no Partido Republicano Gallego. Foi un dos representantes do concello de Baleira, xunto a Jesús Rico Castro, na asemblea para a aprobación do Estatuto Galego realizada na Coruña no mes de xuño de 1931.[4] Despois militou en Izquierda Republicana.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado, sancionado polo gobernador civil de Lugo cunha multa de 5 000 pesetas o 25 de agosto de 1937 por desafecto ao Movimiento Nacional e non asistir á manifestación do 18 de xullo dese ano, e internado no cárcere de Lugo dende o 23 de outubro de 1937 ata o 4 de agosto de 1938, abonando ao día seguinte a multa de 1 500 pesetas imposta polo delegado de Orde público de Lugo. Na resolución do expediente impuxéronlle a separación definitiva do servizo médico o 12 de febreiro de 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas que se resolveu o 15 de marzo de 1941 coa sanción de 8 anos de inhabilitación especial e multa de 500 pesetas.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Elisa Cuenza Luna en 1912 e foi pai de Elvira, Salvador, María de la Paz, Pura, Inés, Elisa e Julia Escobar Cuenza.[5]

  1. El Progreso, 5-8-1950, p. 3.
  2. El Correo de Galicia, 20-10-1909, p. 2.
  3. El Regional, 26-1-1927, p. 2.
  4. El Pueblo Gallego, 5-6-1931, p. 1.
  5. El Progreso, 28-8-1951, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]