José Estévez Carrera
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1869 ![]() Ponteareas, España ![]() |
Morte | 2 de novembro de 1936 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | homicidio ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Oviedo ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Partido político | Partido Liberal-Conservador ![]() |
José Estévez Carrera, nado en Ponteareas o 8 de maio de 1869 e finado en Madrid o 2 de novembro de 1936[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou dereito nas universidades de Santiago de Compostela e Oviedo. Foi administrador da beneficencia en Ourense e foi primeiro auxiliar do bufete do ministro Gabino Bugallal Araujo, que o axudou a conseguir a acta de deputado polo distrito de Ribadavia, en representación do Partido Conservador nas sucesivas eleccións entre 1914 e 1923. Especializado na temática foral, na lexislatura de 1914 formou parte da comisión de concentracións parcelarias. Rexistrador da propiedade, foi subsecretario de Facenda e director xeral da Administración local. Foi asasinado en Madrid o 2 de novembro de 1936.

Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Estévez Carrera ![]() |