José Estévez López
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1954 ![]() Pacios, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
![]() ![]() |
José Estévez López, nado en Pacios (Pradeda, Guntín) o 10 de febreiro de 1954, é un escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Maxisterio en Lugo, profesión que non chegou a exercer, e licenciouse en Dereito. Foi funcionario da Deputación de Lugo, secretario de Administración Local e actualmente traballa na Asesoría Xurídica do Sergas. Exerceu tamén a profesión de avogado, especialidade en Dereito Administrativo.
Participou nas loitas estudantís entre os anos 1972 e 1976 como membro de ERGA.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- ¿Poemas -- ? Non : mariposas - bolboretas: soños sen dono (1998). Edición do autor.
- A túa ausencia que non se apaga. Poemas escritos coa soidade sangrando na punta da lingua(2011). Meubook.
- Aseteando (2013). A porta verde do sétimo andar.
- Flirteando no feisbu (2013).
- Eu son eu? (2023). Noia: Toxosoutos. 58 páxs. ISBN 978-84-126701-9-6.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Nós tamén amamos a muralla, a pesar de todo o que se nos virá enriba, 2002, edición do autor.
- Fóra de lei: tarxeta de presentación (2006). Lugo: Scio.
- Morte na muralla. Unha historia de amor con final feliz (2006). Scio.
- Víctimas da ira. Verdugos de si mesmos (2006). Scio.
- Xoel. Persecución e caneo de estereotipos: ¿traballar menos, f..... máis ...?: a consigna, o lema revolucionario, fai o amor e non a guerra (2007). Edición do autor. Publicado en 2015 en Redelibros.
- Fugaz coincidencia (2012). Redelibros.
- Minia, amor doe (2024). Noia: Toxosoutos. 250 páxs. ISBN 978-84-128497-4-5.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Un feixe de poesía na porta, 2013, A porta verde do sétimo andar.
- Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
- Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Foron, somos, 2016, Redelibros.
- Aldeas sen voz, 2016, Editorial Canela.
- Manuel María, libro colectivo de homenaxe. Publicacións Deputación de Lugo, 2017.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.